Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 25 de novembro de 2002 Páx. 16.409

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2002, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso de subministracións sucesivas, polo procedemento aberto plurianual, para a subministración de inxertos vasculares (C.36/2002).

O director xerente do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das competencias que ten atribuídas na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, no seu artigo 6, e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la licitación que a seguir se cita:

1. Nome, enderezo, números de teléfono, telégrafo, télex e telefax do órgano de contratación: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo. Planta semisoto do Hotel de Pacientes (anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba 84, 15006 A Coruña. Teléfono: 981 17 80 73, telefax: 981 17 80 32.

2. a) Modalidade da adxudicación elixida: aberta.

b) Forma do contrato que é obxecto da licitación: concurso de subministracións plurianual.

3. a) Lugar de entrega: Hospital Juan Canalejo (A Coruña).

b) Natureza e cantidade dos productos que se van subministrar: número da referencia da CPA (clasificación estatística dos productos por actividades): CNPA 33101790

Subministración de enxertos vasculares C.36/2002.

Orzamento total: 504.732,53 A.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os provedores presenten propostas para determinadas partes da subministración requirida: existen 4 lotes.

4. Prazo de entrega: ver prego de cláusulas administrativas.

5. a) Nome e enderezo do servicio onde poden ser solicitados o prego de condicións e os documentos complementarios: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo, (planta semisoto do edificio do Hotel de Pacientes, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba 84, 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: 981 17 80 73, fax: 981 17 80 32, ou a través da páxina web do Sergas: http://www.sergas.es.

b) Data límite para efectua-la dita solicitude: 19-12-2002.

c) Se é o caso, importe e modalidade de pagamento da suma que se deba abonar para obte-los ditos documentos: ningún.

6. a) Data límite de recepción das propostas: 26-12-2002.

b) Enderezo ó que se deben enviar: rexistro xeral do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo, planta baixa do Hospital Juan Canalejo. As Xubias de Arriba 84, 15006 A Coruña.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: galego ou castelán.

7. a) Persoas admitidas para asistiren á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas de xestión do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo. Planta soto do Hotel de Pacientes (anexo ó Hospital Juan Canalejo), ás Xubias de Arriba 84, 15006 A Coruña. Ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do último día no que termine o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

8. Garantías esixidas: provisional do 2% do orzamento de licitación de cada lote. Definitiva do 4% do importe base de licitación do lote ou lotes adxudicados.

9. Modalidades básicas de financiamento e pagamento e/ou referencias a textos que as regulan: mediante pagamentos parciais, con base nas entregas igualmente parciais da subministración, debidamente recibidas e facturadas.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión das empresas adxudicataria da contratación: unión temporal das empresas.

11. Datos referentes á situación do provedor e datos e formalidades necesarios para a avaliación das condicións de carácter económico e técnico que deba reuni-lo provedor: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data da apertura das proposicións económicas.

13. Criterios que se empregan para a adxudicación do contrato: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Se é o caso, prohibición das variantes: non se admiten variantes.

15. Información complementaria: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo.

16. Data de publicación no Diario Oficial das Comunidades Europeas do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación:

17. Data de envío do anuncio: 4-11-2002.

18. Data da recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

En A Coruña o 25 de outubro de 2002.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario

Universitario Juan Canalejo-Marítimo

de Oza da Coruña