Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 25 de novembro de 2002 Páx. 16.406

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2002, da Área de Explotación e Planificación, pola que se realiza a publicidade da do 16 de abril de 2002, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, na que se formula a declaración de impacto ambiental das instalacións para a náutica recreativa no porto de Baiona.

Visto o artigo 4.7º do Decreto 442/1992, do 13 de setembro (DOG nº 188, do 25 de setembro), de avaliación de impacto ambiental para Galicia, a xefa da Área de Explotación e Planificación de Portos de Galicia

RESOLVE:

Darlle publicidade mediante esta publicación á Resolución do 16 de abril de 2002, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula a declaración de impacto ambiental das intalacións para a náutica recreativa no porto de Baiona, sita en terreos do concello de Baiona, provincia de Pontevedra, promovido por Ronáutica, S.A.

A mencionada declaración refírese ó recheo de 11.787 m ata a cota +4, co seu perímetro rematado con peirao de 2 m de calado; 297 prazas de amarre repartidas en 8 pantaláns pilotados, protexidos na cara N por un dique flotante de formigón de 180 m de lonxitude e 4 m de largo. Foi incorporada ó citado expediente e encóntrase ó dispor de calquera interesado nas oficinas centrais de Portos de Galicia durante un prazo de trinta días contados desde a publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2002.

Ana Isabel Calzadilla Bouzón

Xefa da Área de Explotación e Planificación