Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 25 de novembro de 2002 Páx. 16.405

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2002 pola que se anuncia a licitación dun contrato de servicios de limpeza.

A Comisión de Goberno do Consello de Contas de Galicia, por acordo do 13 de novembro deste ano, dispuxo a apertura do procedemento de adxudicación dun contrato de servicios de limpeza, co detalle que a seguir se relaciona:

1. Entidade adxudicadora.

a) Institución: Consello de Contas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: prestación do servicio de limpeza da sede do Consello de Contas de Galicia, segundo detalle recollido no prego de prescricións técnicas.

b) División por lotes: non.

c) Lugar de execución: edificio sede da institución, sito na rúa de Domingo Fontán, número 7, en Santiago de Compostela.

d) Prazo de execución: exercicio 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: 45.000 A.

5. Garantía provisional: 900 A.

6. Obtención de documentación e información.

a) Institución: Consello de Contas de Galicia.

b) Domicilio: Domingo Fontán, 7.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela. 15771.

d) Teléfono: 981 54 22 09.

e) Fax: 981 54 22 10.

f) Data límite de obtención de documentos e información: décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira: acreditarase mediante a achega conxunta dun xustificante de existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais por importe mínimo de 90.000 A e dunha declaración responsable relativa á cifra de negocios global e de servicios realizados pola empresa nos últimos tres exercicios, será necesario que esta sexa igual ou superior a 540.000 A. Non obstante o anterior, operará a posibilidade prevista no artigo 16.2º do TRLCAP.

b) Solvencia técnica ou profesional: acreditarase mediante unha declaración que indique o termo medio anual de persoal, con mención do grao de estabilidade no emprego e o cadro de persoal directivo durante os últimos tres anos. Será necesario que o cadro de persoal de limpeza acade un número medio anual que sexa igual ou superior a catorce persoas.

c) Cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 197 do TRLCAP: os ofertantes achegarán como documentación específica unha relación da maquinaria da que dispoñen para a realización dos servicios. Os restantes extremos serán apreciados en función da documentación xeral que se deberá achegar segundo detalle recollido no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite: décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio.

b) Documentación que hai que presentar: segundo detalle recollido no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Consello de Contas; rúa Domingo Fontán, número 7, en Santiago de Compostela.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la oferta: tres meses, contados desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Institución: Consello de Contas de Galicia.

b) Domicilio: Domingo Fontán, 7.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: décimo segundo día natural seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións; de coincidir en sábado ou festivo, o primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: doce horas.

10. Gastos do anuncio.

Por conta do adxudicatario, ata un límite de 400 A.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2002.

Luciano Fariña Busto

Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia