Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: BEGASA.
Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.
Denominación: L.M.T. aérea Parque Empresarial de Cuíña.
Situación: Cervo.
Características técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV conductor tipo LA-110 con 131 m de lonxitude con orixe en L.M.T. Espiñeirido-San Cibrao e final en P-3 da L.M.T. proxectada.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Lugo, 18 de outubro de 2002.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo