Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 25 de novembro de 2002 Páx. 16.401

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/142-2, 5927 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: C.T. Pescadores e liña subt. de alimentación.

Situación: Ribadeo.

Características técnicas: L.M.T. de 20 kV con 553 m de lonxitude conductor tipo R.H.Z. 1 con orixe no C.T. existente Paradelas entrada e saída no C.T. Pescadores e final en liña eléctrica que une os C.T. Paradela e Rañón. C.T. de 630 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/420 V. R.B.T. de 120 m de lonxitude conductor tipo R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 17 de outubro de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo