Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 22 de novembro de 2002 Páx. 16.342

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2002 pola que se convoca a contratación, mediante concurso con procedemento aberto, do servicio de vixilancia e seguridade das instalacións da sede da Academia Galega de Seguridade.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Academia Galega de Seguridade (AGS).

2. Obxecto do contrato: servicio de vixilancia e seguridade das instalacións da sede da AGS.

a) Lugar de execución: A Estrada (Pontevedra).

b) Prazo de execución do contrato: un (1) ano.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: cento setenta e catro mil con douscentos noventa e tres (174.293) euros.

5. Garantías.

a) Provisional: tres mil catrocentos oitenta e cinco con oitenta e seis (3.485,86) euros.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Academia Galega de Seguridade.

b) Enderezo: avda. da Cultura, s/n.

c) Localidade e código postal: A Estrada, 36680.

d) Teléfono: 986 59 00 21.

e) Fax: 986 59 09 88.

f) Data límite de obtención de documentación e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través da Internet no enderezo: http//:www.xunta.es/contratación.

7. Requisitos específicos do contratista.

Os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: no prazo de oito (8) días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a data límite será o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que cómpre presentar: a indicada na cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares, no rexistro da AGS en horario do 9 ás 14 horas, ou ben na forma prevista no artigo 80 do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

c) Lugar de presentación:

Entidade: Academia Galega de Seguridade.

Enderezo: avda. da Cultura, s/n.

Localidade e código postal: A Estrada, 36680.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Academia Galega de Seguridade.

b) Enderezo: avda. da Cultura, s/n.

c) Localidade: A Estrada.

d) Data: sexto día natural contado desde o seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: trece trinta (13.30) horas.

10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do contratista adxudicatario.

A Estrada, 12 de novembro de 2002.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade