Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 22 de novembro de 2002 Páx. 16.342

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EMIGRACIÓN E COOPERACIÓN EXTERIOR

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2002 pola que se fai pública a convocatoria e a orde do día da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas.

En cumprimento do establecido no artigo 8.3º do Decreto 4/1987, do 8 de xaneiro, na súa nova redacción fixada polo Decreto 195/1991, do 30 de maio (DOG do 11 de abril), polo que se modifica o Regulamento de organización e funcionamento do Consello de Comunidades Galegas, logo da conformidade do presidente da Xunta de Galicia,

RESOLVO:

Primeiro.-Convoca-la reunión da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas para os días 29 e 30 de novembro de 2002 en Santiago de Compostela.

Segundo.-A orde do día da devandita reunión será a que figura como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2002.

Aurelio Miras Portugal

Conselleiro de Emigración e Cooperación Exterior

ANEXO

Orde do día da reunión do 29 e 30 de novembro, da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas.

1. Constitución da comisión.

2. Informe das actuacións realizadas a prol da Galicia exterior en 2002. Presentación da memoria anual.

3. Presentación e participación dos representantes da comisión delegada no programa *lianza, de integración cultural por videoconferencia.

4. Informe sobre as liñas de actuación para o ano 2003, con especial referencia á realización e preparación do VII Pleno do Consello de Comunidades Galegas.

5. Intervención e informe dos representantes das comunidades galegas na comisión delegada.