Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 22 de novembro de 2002 Páx. 16.340

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, das notificacións dos expedientes de sanción por infraccións na orde social 60/2002 e outro máis.

Notifícase, de conformidade co establecido no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ás empresas que a continuación se relacionan, ó non poder notificar por correo certificado, as resolucións dictadas nos expedientes de sanción, por infraccións na orde social, (materia laboral, seguridade e hixiene e saúde laboral), o seu enderezo, identificación, número do expediente, contía da sanción e disposición infrinxida cítanse de seguido:

Empresa: Const. Ecelsa, S.L.

Domicilio: r/ Reboredo, 69, Monforte de Lemos.

NIF: B-27173061.

Nº de expediente: 60/2002.

Contía: 1.532,58 A.

Disposición infrinxida: artigos 188 e 193 O.C.

Empresa: Const. Ecelsa, S.L.

Domicilio: r/ Reboredo, 69, Monforte de Lemos.

NIF: B-27173061.

Nº de expediente: 61/2002.

Contía: 300,52 A.

Disposición infrinxida: artigo 5.3º 2) Lei 42/1997.

Contra esta resolución poderán interpo-los interesados recurso de alzada, polo conducto desta delegación perante o director xeral de Relacións Laborais no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación.

Advírteselle que de non ser interposto este en tempo e forma, haberán de aboa-la multa imposta a través da Caixa Galicia, conta contable 840, código 001, clave 390055, dentro do prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da notificación desta resolución xa que, noutro caso, se procederá á exacción pola vía de constrinximento, nos termos previstos na orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001.

Lugo, 23 de outubro de 2002.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo