Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 22 de novembro de 2002 Páx. 16.339

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CÉDULA do 4 de novembro de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, pola que se notifica a resolución do conselleiro do 12 de setembro de 2002 pola que se resolve o recurso de alzada interposto por Ángel Pablo Pedreiro Prieto.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselle á Ángel Pablo Pedreiro Prieto a Resolución do 12 de setembro de 2002 da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos pola que se resolve o recurso de alzada do 14 de xaneiro de 2002, ante a imposibilidade de practica-la notificación polos medios habituais:

«Examinado o recurso de alzada presentado o 14 de xaneiro de 2002 por Ángel Pablo Pedreiro Prieto contra o acordo adoptado pola Xunta Xeral da Confraría de Pescadores de Ferrol no que se desestima a reclamación interposta polo recorrente, co fin de percibi-la parte correspondente da indemnización pagada por Audasa á citada confraría pola ocupación temporal do banco marisqueiro das Pías e zona libre marisqueo como consecuencia da construcción do acueducto que cruza a ría desde Neda a Narón.

Antecedentes de feito:

O recurso foi interposto o 14 de xaneiro de 2002, figurando no expediente a resposta a reclamación recorrida con data do 28 de maio de 2001.

Vista a lexislación aplicable, entre outras a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a Lei 9/1993, do 8 de xullo, de confrarías de pescadores, o Decreto 79/1998, do 12 de febreiro, de estructura, organización e funcionamento das confrarías de pescadores de Galicia e a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Fundamentos de dereito:

O artigo 115 da Lei 30/1992 citada enriba establece que o prazo para a interposición do recurso de alzada será dun mes, se o acto fora expreso.

Neste caso o recurso presentouse máis de sete meses despois da resposta recorrida, polo que non procede entrar no fondo e esta consellería

RESOLVE:

Non admiti-lo recurso de alzada presentado o 14 de xaneiro de 2002 por Ángel Pablo Pedreiro Prieto contra o acordo adoptado pola xunta xeral da Confraría de Pescadores de Ferrol na que se desestima a reclamación interposta polo recorrente, co fin de

percibi-la parte correspondente da indemnización pagada por Audasa á citada confraría por extemporáneo.

Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ó recibo desta notificación, de conformidade co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2002. Enrique César López Veiga. Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos».

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2002.

Miguel Ángel López Sieiro

Secretario xeral da Consellería de Pesca e Asuntos

Marítimos

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS