Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 21 de novembro de 2002 Páx. 16.295

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MELIDE

APROBACIÓN inicial do estudio de detalle para o reaxuste de aliñacións conforme a realidade existente na rúa Magallanes e outras sitas no solo urbano de Melide.

Aprobado inicialmente por acordo da Comisión de Goberno, adoptado na sesión do 11 de outubro de 2002, o estudio de detalle para o reaxuste de aliñacións conforme a realidade existente, que afecta a rúa Magallanes e outras sitas no solo urbano de Melide, confeccionado polo arquitecto Manuel Peleteiro Bandín, por encargo do Concello de Melide, segundo o disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, exponse ó público durante un mes, contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que calquera persoa poida examina-lo expediente na secretaría xeral do concello e formular cantas alegacións coide pertinentes.

Melide, 22 de outubro de 2002.

José Roca Rodríguez

Alcalde en funcións