Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 21 de novembro de 2002 Páx. 16.295

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

Con data do 6-11-2002 publicouse no Diario Oficial de Galicia nº 214, do 6 de novembro, o anuncio de licitación das obras de construcción da sede da Delegación Provincial do Ministerio de Defensa en Lugo, simultaneando o prazo co período de exposición pública do proxecto e do prego de cláusulas administrativas no BOP de Lugo nº 250, do 31-10-2002.

Presentada alegación contra este, por decreto da Alcaldía do 8-11-2002 aprazouse a licitación ata a resolución da alegación, polo que queda en suspenso o prazo de presentación de proposicións.

Lugo, 8 de novembro de 2002.

María Eva Martín Minguela

Vicesecretaria

Visto e prace

P.D.

Fernando X. Blanco Álvarez

Tenente alcalde delegado de área