Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 21 de novembro de 2002 Páx. 16.287

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2002 pola que se fai pública a resolución de autorización de traslado de animais salvaxes en catividade, de data 26 de setembro de 2002.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que figura no anexo, a devandita resolución.

Contra a resolución que se publica procederá a interposición do recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación, ou ben recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación.

Santiago de Compostela 4 de novembro de 2002.

Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

ANEXO

Contido da resolución: autoriza-lo traslado dos dous tigres que se atopan comisados provisionalmente no Organismo Autonómo Municipal Vigo-Zoo ó seguinte destino:-Asociación Proarca de Noé, situada no predio El Castellet, 10, Benimantell (Alacant).

Interesada: Elga González García.

Último enderezo coñecido: r/ Cemiterio número 16, 49627 San Juanico El Nuevo (Zamora).