Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 21 de novembro de 2002 Páx. 16.286

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, trámite de urxencia e tramitación anticipada de gasto, para a contratación do servicio de limpeza dos locais que se citan.

A Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, unha

vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso que a seguir se cita.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial da Coruña.

c) Número de expedientes: catro: 39, 40, 41 e 42/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: contratación do servicio de limpeza.

b) División por lotes e número: 4.

* Lote nº 1: expte. 39/2002, servicio de limpeza dos locais da delegación provincial.

* Lote nº 2: expte. 40/2002, servicio de limpeza das dependencias do centro nacional de formación ocupacional de Santiago de Compostela.

* Lote nº 3: expte. 41/2002, servicio de limpeza das dependencias do centro de formación ocupacional de Ferrol.

* Lote nº 4: expte. 42/2002, servicio de limpeza das casas de xuventude de Curtis e Pontedeume.

c) Prazo de execución: do 1 ó 31 de decembro de 2003 (12 meses).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente e anticipada.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importes totais:

Expediente 39/2002: 47.000 euros.

Expediente 40/2002: 63.100 euros.

Expediente 41/2002: 42.100 euros.

Expediente 42/2002: 15.000 euros.

5. Garantías.

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude da Coruña.

b) Domicilio: avda. do Exército, 2, 1º.

c) Localidade: A Coruña, 15006.

d) Teléfono: 981 18 57 10.

e) Telefax: 981 18 57 02.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día de presentación das proposicións, tódolos días laborables, agás sábado, das 9 ás 14 horas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas ou solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: no prazo de trece días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a que se indica na cláusula 9ª do prego de cláusulas administrativas particulares e a indicada no prego de prescricións técnicas.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?

N=2031.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: no rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 80 do Regulamento xeral de contratos do Estado. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax, télex ou telegrama no mesmo día.

2. Domicilio: avda. do Exército, 2, 1º.

3. Localidade e código postal: A Coruña, 15006.

d) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Domicilio: avda. do Exército, 2, 1º.

c) Localidade: A Coruña.

d) Data: o sexto día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

e) Hora: 9.

10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 14 de novembro de 2002.

Mª Rosa Gómez Díaz

Delegada provincial da Coruña