Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 21 de novembro de 2002 Páx. 16.276

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo número 02/5199/2002, interposto por Industrias del Deza, S.L. (Indeza); contra o Decreto 208/2002, do 20 de xuño, polo que se acorda a suspensión das normas subsidiarias de planeamento municipal do Grove, aprobadas definitivamente pola Corporación Municipal o 25 de abril de 1996.

Para os efectos de lle dar cumprimento ó solicitado polo presidente da Sección Segunda da Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso conten

cioso-Administrativo número 02/5199/2002, interposto por Industrias del Deza, S.L. (Indeza); contra o Decreto 208/2002, do 20 de xuño, polo que se acorda a suspensión das normas subsidiarias de planeamento municipal do Grove, aprobadas definitivamente pola Corporación Municipal o 25 de abril de 1996, esta secretaría resolveu ordena-la remisión do correspondente expediente ó Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, emprazándoas para que poidan constituírse como demandados nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2002.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivienda