Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 21 de novembro de 2002 Páx. 16.275

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2002, do Servicio Provincial de Estradas da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación dos bens afectados polas obras AC/01/64.1 acondicionamento da estrada AC-224, treito: Ordes-autoestrada A-9, no termo municipal de Ordes.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras sinaladas no encabezamento desta resolución atópanse incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ó programa 413-B Construcción, conservación e explotación de estradas.

Con data do 21 de xuño de 2002, o director xeral de Obras Públicas, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, aprobou o proxecto de trazado das obras AC/01/64.1 acondicionamento da estrada AC-224, treito: Ordes-A-9.

Con data do 11 de xullo de 2002, a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente a ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para a mencionada obra polo Decreto 243/2002, publicado no DOG nº 143, do 26 de xullo.

Na súa virtude, e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servicio, en uso das súas facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do Concello de Ordes, para que comparezan nos lugares, as datas e as horas que se citan para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladasen ó lugar dos predios se o consideran necesario.

Termo municipal de Ordes.

Local: Casa da Cultura de Ordes. R/ Xeneral Mola nº 25, Ordes.

Día 9 de decembro de 2002: desde o predio nº 1 ó predio nº 51, das 10 ás 13.30 horas.

Día 10 de decembro de 2002: desde o predio nº 52 ó predio nº 105, das 10 ás 13.30 horas.

Día 11 de decembro de 2002: desde o predio nº 106 ó predio nº 153, das 10 ás 13.30 horas.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente estarán expostos no Concello de Ordes e no Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia (praza Luís Seoane, s/n, 8ª planta, 15071 A Coruña).

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome e achega-los documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución; pódense facer acompañar pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notarios.

Así mesmo, e no cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante un prazo de 15 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución e ata o momento do levantamento da acta previa á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia na Coruña; praza Luís Seoane s/n, 8ª planta, as alegacións que coiden pertinentes co obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola ausente ocupación.

A Coruña, 7 de novembro de 2002.

José Luis Rodríguez Alonso

Enxeñeiro xefe de Servicio Provincial

de Estradas da Coruña