Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 20 de novembro de 2002 Páx. 16.222

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da resolución do expediente sancionador de incendios forestais IF 41/2002, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a resolución do expediente, por infracción á Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e o seu regulamento aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro (BOE do 13 de febreiro de 1973), por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

O importe da sanción farase efectivo mediante o impreso normalizado que lle será facilitado na Dele

gación Provincial de Lugo (edificio adtvo. da Xunta de Galicia, Rolda da Muralla, nº 70) no prazo de 15 días hábiles contados a partir do seguinte día da presente publicación conforme o Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto). De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante, de acordo co artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución e no prazo dun mes poderase interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

Lugo, 22 de outubro de 2002.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: IF-41/2002.

Denunciado: Javier Álvarez López.

DNI: 33810169.

Enderezo: rúa Calvo Sotelo, nº 110, Lugo.

Feito denunciado: realizar unha queima de maleza sen autorización, abandoándoa antes de estar totalmente apagada, co conseguinte perigo para o arboredo estremeiro.

Precepto sancionador: artigo 138.b.c. do Regulamento de incendios.

Cualificación: moi grave.

Sanción: 60 euros.