Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 20 de novembro de 2002 Páx. 16.198

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (361/2000).

Eu, Begoña Arroyo Martín, secretaría do Xulgado de Primeira Instancia número seis de Santiago de Compostela fago saber que no dito tribunal e no número proc. do artigo 131 da Lei hipotecaria nº 361/2000 tramítase procedemento por instancia do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) no que por resolución de esta data se acordou sacar a poxa pública os bens que máis abaixo se dirán, sinalándose para que teña lugar na Sala de Audiencia deste tribunal o próximo día 11 de decembro de 2002 ás 10 horas, cos requisitos seguintes:

Primeiro.-Que os licitadores, a excepción do executante, para tomaren parte na poxa deberán presentar xustificante acreditativo de ter depositado na conta de depósitos e consignacións deste xulgado ou de ter prestado aval bancario polo 30 por 100 do valor de taxación, facéndoo constar, se é o caso, se se fai en nome de terceiro; sen ese requisito non serán admitidos a licitación.

Segundo.-Que poderán facerse ofertas por escrito en sobre pechado, desde o anuncio da poxa ata a súa celebración facéndose o depósito o que se fixo mención anteriormente.

Terceiro.-Que poderán facerse ofertas superiores ó 50 por 100 da avaliación, pero ofrecendo pagar a prazos con garantías suficientes, bancarias ou hipotecarias, do prezo do remate.

Cuarto.-Que non se poderá proceder á inmediata aprobación do remate se a cantidade ofrecida non superase o 50 por 100 do valor de taxación, ou sendo inferior, non cubrise, polo menos a cantidade pola que se despachou execución, incluíndo a previsión para xuros e custas.

Quinto.-Que unicamente o executante poderá concorrer reservándose a facultade de cede-lo remate a un terceiro.

Sexto.-Tratándose dunha vivenda de promoción pública o adxudicatario deberá cumpri-los requisitos establecidos no artigo 10 do Decreto 98/1992, en relación co artigo 54 do Real decreto 3148/1978, e que son os seguintes: 1) Ingresos ponderados anuais totais iguais ou inferiores a 2,5 veces o salario mínimo interprofesional. 2) Residir habitualmente ou te-lo posto de traballo no concello no que radica a vivenda. 3) Certificación acreditativa de non ser propietario de ningunha outra vivenda e 4) Compromiso de dedicar a vivenda a domicilio habitual e permanente.

Lote de bens que se sacan a poxa e valor:

Vivenda letra D da planta terceira do edificio construído na parcela R.8.5 do polígono das Fontiñas de Santiago de Compostela.

Valorado en 49.099,6 euros.

Dado en Santiago de Compostela, o catorce de outubro de dous mil dous.

O secretario

Rubricado