Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 19 de novembro de 2002 Páx. 16.109

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2002, conxunta da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e da Consellería de Sanidade, pola que se conceden as axudas para a realización de proxectos de investigación convocadas na Orde do 25 de xuño de 2002 (Diario Oficial de Galicia número 133, do 11 de xullo).

A orde conxunta das consellerías da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e de Sanidade do 25 de xuño de 2002 aprobaba as bases para a convocatoria de axudas para a realización de proxectos de investigación. No seu artigo 4 determinábanse os criterios de valoración e materias preferentes que deberían ter en conta os membros da comisión encargada de realiza-la proposta de resolución.

Atendendo á proposta elaborada pola citada comisión, a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e a Consellería de Sanidade

RESOLVEN:

Primeiro.-Concede-las axudas para a realización de proxectos de investigación en Galicia dentro dos centros, servicios e establecementos sanitarios públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para os proxectos que se citan no anexo I desta resolución, pola cantidade que en cada caso se sinala.

Segundo.-As solicitudes que non figuran citadas no mencionado anexo, que foron admitidas para participar neste concurso, entenderase que quedan denegadas por non conseguiren, no proceso de selección, a cualificación necesaria.

Terceiro.-O incumprimento por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria do 25 de xuño de 2002 (DOG do 11 de xullo) suporá a perda do dereito a recibi-la axuda correspondente.

Cuarto.-Contra esta resolución poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública ou ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estima-la interposición deste recurso, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de dous meses contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2002.

P.D. (Orde 25-6-2002, DOG do 11 de xullo)

Miguel A. Ríos FernándezFrancisco López Rois

Secretario xeral de InvestigaciónDirector xeral de Asistencia

e DesenvolvementoSanitaria