Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 18 de novembro de 2002 Páx. 16.096

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador PO-EN-2002/13 (espacios naturais-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a proposta de resolución dictada pola instructora no expediente que por infracción á Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, o denunciado disporá dun prazo de quince días hábiles, contado a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderá examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, nº 47-5ª planta, e presenta-las alegacións que considere convenientes.

Pontevedra, 25 de outubro de 2002.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-EN-2002/13.

Denunciado: Miguel Ángel Martínez Hermida, enderezo r/ Barrio Igrexa, nº 71 de Zamáns-Vigo (Pontevedra).

DNI: 36114032.

Feitos denunciados: prender de lume nos lugares non permitidos nos instrumentos de planificación do Parque Natural do Monte Aloia.

O denunciado que foi notificado en primeiro lugar arredor das 11 horas polo vixiante Rafael Costas e posteriormente polo axente, alegou que o devandito lume, situado dentro dun pequeno bidón enriba dunhas pedras a escasamente uns cinco centímetros do chan pero soltando cinzas no terreo no cal estaba situado, non revestía perigo xa que o tiñan vixiado.

Cabe subliñar que o denunciado e os seus acompañantes non dispuñan de ningún medio de extinción.

Feitos denunciados o día 7 de xullo de 2002 no Parque Natural do Monte Aloia no lugar de Pazos de Reis, no termo municipal de Tui.

Data do acordo da incoación: 23-7-2002.

Precepto infrinxido: artigo 62 da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, en relación co punto 6.2.º m) do Plan de ordenación dos recursos naturais do Parque Natural do Monte Aloia, aprobado por Decreto 274/2001, do 27 de setembro.

Precepto sancionador: artigo 69 da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza.

Sanción: 60,10 euros.