Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 18 de novembro de 2002 Páx. 16.092

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade, pola que se notifica unha corrección de erros e a resolución do recurso de alzada do expediente disciplinario 2/01-M incoado a María Carmen Fuciños Álvarez, devoltos polo servicio de correos.

Non sendo atopada no domicilio coñecido, resolvo notificar por este medio, de conformidade co disposto polo artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a corrección de erros do 22 de agosto de 2002 e a resolución desestimatoria do recurso de alzada interposto por Mª Carmen Fuciños Álvarez no expediente disciplinario 2/01-M, ambas devoltas polo servicio de correos.

Advertido un erro de transcrición na resolución do expediente disciplinario 2/01-M incoado á facultativa médica Mª Carmen Fuciños Álvarez e asinada polo secretario xeral en data 31 de xullo de 2002, cómpre efectua-la oportuna corrección de acordo co artigo 105.2º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común. Así pois, no penúltimo parágrafo, onde di: «Segundo...con efectividade desde o día seguinte á recepción pola interesada da notificación deste acordo», debe dicir: «Segundo... con efectividade desde a data na que esta resolución sexa firme».

Do mesmo xeito, na notificación efectuada con data do 8 de agosto mencionábase como órgano que asinaba o conselleiro, sendo necesario substituílo polo secretario xeral.

Así mesmo, fáiselle saber que con data 27 de setembro de 2002 o conselleiro de Sanidade asinou a resolución do recurso de alzada do expediente disciplinario 2/01-M no que resolve desestima-lo recurso de alzada interposto por Mª Carmen Fuciños Álvarez e confirma-la resolución do secretario xeral da Consellería de Sanidade do 31 de xullo de 2002 a cal xa se lle notificou no seu día. A dita resolución, tamén remitida á expedientada e devolta polo servicio de correos con data do 4 de outubro de 2002 por non residir xa nese domicilio, pon fin á vía administrativa de acordo co artigo 109 a) da Lei 30/1992, podendo interpoñer contra ela, sen prexuízo dos demais recursos administrativos á que teña dereito, recurso contencioso-administrativo conforme o disposto no artigo 8 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación desta notificación, de conformidade co artigo 46 da referida lei.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2002.

Manuel Antonio Silva Romero

Secretario xeral da Consellería de Sanidade