Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 18 de novembro de 2002 Páx. 16.092

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2002 pola que se nomean os membros do xurado que deberá cualifica-las propostas admitidas e presentadas ó concurso anónimo de anteproxectos arquitectónicos para a construcción do Centro de Interpretación e Documentación da Arte Rupestre (Campo Lameiro, Pontevedra).

Convocado, mediante Resolución do 18 de xullo de 2002 desta consellería, un concurso de ideas, con intervención de xurado, a nivel de anteproxectos para a construcción do Centro de Interpretación e Documentación da Arte Rupestre (Campo Lameiro, Pontevedra), ó amparo do disposto no artigo 12 da Lei de contratos das administracións públicas, e de conformidade co establecido na cláusula 6 do prego de bases que rexerá o concurso, esta consellería,

RESOLVE:

Nomea-los compoñentes do xurado que deberá cualifica-las propostas presentadas ó concurso de ideas para a construcción do Centro de Interpretación e Documentación da Arte Rupestre.

Presidente: Ángel Sicart Giménez, director xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Vocais: Federico Garrido Villa, subdirector xeral do Instituto de Conservación e Restauración de Bens Culturais da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Mª Jesús Tallón Nieto, xefa do Servicio de Arqueoloxía do I.C.R.BB.CC. da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Manuel Vecoña Pérez, xefe do Servicio de Arquitectura do I.C.R.BB.CC. da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Julio G. Sayáns Bugallo, alcalde-presidente do Concello de Campo Lameiro.

Enrique Urdiales de Santiago, arquitecto designado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

Jose Manuel Rey García, técnico do Servicio de Arqueoloxía do I.C.R.BB.CC. da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Fernando Blanco Guerra, arquitecto designado polos concursantes.

César Portela Fernández-Jardón, arquitecto designado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Gerardo Mingo Pinacho, subdirector xeral de Arquitectura del Ministerio de Fomento.

José Antonio Lasheras, director do Museo Nacional e Centro de Investigación de Altamira.

Secretario: Eugenio Rodríguez Puentes, técnico do Servicio de Arqueoloxía do I.C.R.BB.CC. da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte á data desta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2002.

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo