Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 18 de novembro de 2002 Páx. 16.087

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se fai pública a modificación da declaración de impacto ambiental do proxecto do parque eólico Farelo, nos concellos de Antas de Ulla (Lugo), Agolada e Rodeiro (Pontevedra), promovido pola empresa Elecnor, S.A.

En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, faise pública a Resolución do 27 de agosto de 2002, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se modifica a declaración de impacto ambiental do proxecto de parque eólico Farelo, no concellos de Antas de Ulla (Lugo), Agolada e Rodeiro (Pontevedra), promovido pola empresa Elecnor, S.A., que se transcribe como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

ANEXO

Con data do 18 de decembro de 2001, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental formulou a declaración de impacto ambiental (DIA) do parque eólico de referencia.

Con data do 24 de abril de 2002 ten entrada na Consellería de Medio Ambiente o documento titulado Parque Eólico Farelo. Documentación adicional ó estudio de impacto ambiental. Abril 2002, presentado polo promotor en cumprimento do requirido nos puntos 11.1 a 11.7 da devandita DIA.

Revisado o citado documento, detectáronse unha serie de modificacións de importancia na configuración do parque, polo que se lle requiriu ó promotor a presentación dun documento técnico no que se detallasen e xustificasen a totalidade das modificacións introducidas.

En resposta a este requirimento, con data do 7 de xuño de 2002 recíbense na Consellería de Medio Ambiente os documentos titulados Documentación adicional ó estudio de impacto ambiental. Maio 2002 e Control e seguimiento parque eólico Farelo. Informe previo.

Tralo informe favorable condicionado da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, a antedita documentación conta, para os únicos efectos ambientais, co informe favorable desta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, segundo oficio do 27 de agosto de 2002, no que se establece a planta definitiva que terá o parque eólico.

En consecuencia, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolve establecer pola presente resolución a modificación da DIA do parque

eólico Farelo nos termos que a continuación se indican:

No punto 1. Ámbito da declaración, introdúcense as seguintes modificacións:

1. O cuarto parágrafo substitúese polo seguinte:

A localización dos aeroxeradores e infraestructura asociada ó parque eólico será a que se recolle nos planos P.E. Farelo. Detalle de infraestructuras. Data: abr/02. Planos FA-OC-01-1, 2, 3 y 4 a escala 1:4.000, incluídos na documentación adicional á estudio de impacto ambiental. Maio 2002.

2. A quinta liña da páxina 4 de 26, onde di:

«As coordenadas UTM dos 37 aeroxeradores con posicións definidas son as seguintes».

Substitúese por:

«As coordenadas UTM dos 38 aeroxeradores previstos son as seguintes».

3. A táboa das coordenadas UTM dos aeroxeradores substitúese pola seguinte:

AeroxeradorUTM XUTM Y

FA-1587.2364.731.231

FA-2587.3224.731.588

FA-3587.2354.731.822

FA-4587.3564.732.285

FA-5587.3004.732.393

FA-6587.1854.732.576

FA-7587.0944.732.682

FA-8587.3614.733.269

FA-9587.2664.733.390

FA-10586.8554.733.169

FA-11586.8254.733.290

FA-12586.7954.733.411

FA-13586.5994.733.770

FA-14586.0964.734.133

FA-15585.9684.734.159

FA-16585.8464.734.223

FA-17585.3464.734.804

FA-18585.3224.734.917

FA-19585.3094.735.046

FA-20585.2964.735.164

FA-21583.7204.736.970

FA-22583.7274.737.078

FA-23583.7074.737.196

FA-24583.6764.737.330

FA-25583.6104.737.461

FA-26583.5204.737.592

FA-27583.4944.737.689

FA-28583.4394.737.799

FA-29583.3804.737.912

FA-30583.2964.738.085

FA-31583.5434.738.678

FA-32583.4354.738.761

FA-33583.3384.738.837

FA-34583.6184.739.374

FA-35583.5264.739.460

FA-36583.4344.739.542

FA-37583.3954.739.700

FA-38583.3484.739.957