Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 18 de novembro de 2002 Páx. 16.081

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO, SECCIÓN SEGUNDA)

EDICTO (5236/2002).

Por esta edicto faise saber que en providencia dictada no día da data, por esta sección segunda, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, acordouse admitir a trámite o recurso interposto pola procuradora Mª Dolores Neira López en nome e representación de Nicanor Naval López e José Antonio Pernas Losada contra acordo do 27-6-2002, publicado no DOG do 8-7-2002 polo que se aproba definitivamente o Plan parcial do parque empresarial de Outeiro de Rei, promovido por Xestur Lugo en Magela.

Recurso número: 02/0005236/2002.

A publicación deste anuncio servirá de emprazamento ás persoas que non o sendo persoalmente, posúan un dereito ou interese lexítimo no citado recurso, podendo comparecer en legal forma no prazo de nove días. Se o fixesen con posterioridade, teranse por parte para os trámites non precluídos.

A Coruña, vintedous de outubro de dous mil dous.

Isabel Freire Corzo

Secretaria

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DA POBRA DE TRIVES