Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 18 de novembro de 2002 Páx. 16.080

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as puntuacións provisionais dos participantes admitidos no concurso 2/2002, convocado pola Orde do 19 de xuño de 2002 para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia.

Convocado o concurso 2/2002, para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración

xeral da Xunta de Galicia, publicado no DOG nº 119, do 21 de xuño, e á vista da proposta realizada polas comisións encargadas de valora-los méritos alegados polos concursantes, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas as relacións coas puntuacións provisionais dos concursantes admitidos para cada un dos postos solicitados. Estas relacións atópanse expostas nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

-Centro de Información Administrativa e Atención ó Cidadán da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

-Delegacións provincias da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

-Oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

-Edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo.

Segundo.-Os interesados poderán formular reclamación en relación coas puntuacións provisionais no prazo de 10 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

As reclamacións deberán ser realizadas mediante escrito dirixido á Dirección Xeral da Función Pública, edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2002.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO

CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO,

SECCIÓN SEGUNDA)