Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 18 de novembro de 2002 Páx. 16.056

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 24 de outubro de 2002 pola que se adxudican axudas económicas para as corporacións locais que sexan titulares de escolas-fogar.

Por Orde do 28 de xuño de 2002 (DOG do 19 de xullo),convócanse axudas económicas para as corporacións locais que sexan titulares de escolas-fogar e regúlase o seu outorgamento no presente exercicio económico.

A comisión constituída segundo establece o punto quinto da orde da convocatoria, en reunión realizada o día 4 de outubro de 2002, acordou propoñe-la adxudicación das ditas axudas, por tanto esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Adxudicarlles axudas ós concellos titulares de escolas fogar solicitantes que se relacionan no anexo I desta orde, nas contías que se indican.

Segundo.-Para facer efectivo o pagamento das axudas, os beneficiaros presentarán antes do 22 de novembro de 2002, a completa xustificación dos gastos mediante certificación do órgano que teña atribuídas as facultades de control do cumprimento da finalidade para a que foi concedida a axuda e da aplicación dos fondos destinados para tal efecto.

As xustificacións das axudas serán dirixidas á Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, edificio administrativo San Caetano, 15771 Santiago de Compostela (A Coruña).

Terceiro.-Contra esta orde que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o órgano da xurisdicción contencioso-administrativa competente no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da notificación da resolución, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Concello de Sarria: 7.535 euros.

Concello de Monforte de Lemos: 5.687 euros.