Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 18 de novembro de 2002 Páx. 16.054

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2002 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 17 de outubro de 2002, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

A posta en marcha do cluster de acuicultura de Galicia supuxo que as instalacións do Centro de Experimentación en Acuicultura en Couso-Ribeira quedasen ó seu dispor, cesando na súa actividade o referido centro de experimentación. Consecuencia de todo isto é que se acorda a amortización de determinados postos de traballo e a reorganización dos restantes procedendo á súa adscrición. Por outra banda, a necesidade de adecua-lo cadro de persoal fai necesario a amortización dun posto vacante, pola declaración de incapacidade permanente do seu titular, correspondente á base do Servicio de Protección dos Recursos de Vigo e a creación do posto de oficial de laboratorio no Laboratorio do Centro de Control de Calidade e Medio Mariño de Vilaxoán, motivada polo exceso de carga de traballo na referida unidade.

En consecuencia, por proposta da devandita consellería, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do dezasete de outubro de dous mil dous, adoptou o seguinte,

ACORDO:

Primeiro.-Modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, nos termos que se sinalan nos anexos ó presente acordo.

Segundo.-Ordena-la publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do dezasete de outubro de dous mil dous, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais

e Administración Pública