Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 15 de novembro de 2002 Páx. 16.046

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUXÍA

ANUNCIO.

Obxecto: adxudicación por concurso, con procedemento aberto, da subministración (2002-2003) de materiais para taller de emprego.

Duración do contrato: ata a total entrega do material de acordo co establecido no prego.

Tipo de licitación: 96.684,50 A.

Pregos: quedan expostos ó público durante os 8 primeiros días dos 13 do prazo de entrega de proposicións. Suspenderase a licitación se se producen reclamacións contra os pregos.

Garantías: provisional: 2% do prezo de licitación. Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Presentación de proposicións: no rexistro xeral do concello, das 9 ás 13 horas, durante os 13 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio.

Apertura de proposicións: ás 13 horas do seguinte día hábil ó do final do prazo para proposicións, no salón de sesións da casa do concello.

Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Muxía, novembro de 2002.

Alberto Blanco Rodríguez

Alcalde