Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 15 de novembro de 2002 Páx. 16.046

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMARIÑAS

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión extraordinaria celebrada o 1 de outubro de 2002, aprobou definitivamente o estudio de detalle das aliñacións no número 3 da avenida Ambrosio Feijoo, promovido por José Luaces Vidal e redactado polo arquitecto Vicente Rivas Negreira. Contra a dita resolución, definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o órgano que a dictou no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da última publicación deste anuncio, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, durante o prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da última publicación. Non obstante, poderase interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

Camariñas, 15 de outubro de 2002.

Juan Bautista Santos Ramos

Alcalde