Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 15 de novembro de 2002 Páx. 16.043

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2002 pola que se anuncia o sometemento a información pública da petición da concesión e autorización administrativa para a instalación dun aproveitamento de augas con destino á producción de enerxía eléctrica no río Tambre, xunto co proxecto e estudio de avaliación ambiental promovido por Minicentrales Compostela, S.L. (Expediente AC/6/132).

Neste organismo autónomo Augas de Galicia achegouse a petición de outorgamento de concesión e autorización administrativa para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico dun tramo libre do río

Tambre, presentada cos proxectos das obras e instalacións e estudios ambientais correspondentes.

No anexo que se inclúe máis abaixo transcríbense os peticionarios dos aproveitamentos solicitados ademais dunha breve descrición das obras que se van executar con mención da clase de estudios ambientais achegados polos promotores logo da cualificación dos proxectos efectuada polo órgano competente segundo o establecido no artigo artigo 1.2º do Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental na súa redacción dada pola Lei 6/2001, do 8 de maio.

Segundo o resultado desta cualificación os proxectos relativos ó Salto da Casilla e ó Salto do Sapo foron cualificados como sometidos a avaliación de impacto ambiental.

En cumprimento do artigo 109 do R.D. 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico e do artigo 5.2º do Decreto 442/1990, do 3 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, sométese de forma simultánea ó trámite de información pública, as peticións e documentación técnica e ambiental que se trata en concreto no anexo, para os efectos do seu coñecemento xeral, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións estimen procedentes, persoalmente ou por medio do seu representante con poder suficiente, perante o Rexistro do Servicio Territorial da Demarcación Galicia-Centro (praza de Vigo, 2, entresollado, 15701 Santiago de Compostela), dentro do prazo improrrogable de trinta (30) días hábiles que comezará a computarse a partir da data da derradeira das publicacións que corresponden facer da

presente resolución no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña. Transcorrido o devandito período de tempo non se admitirá nin se terá en conta ningún escrito.

Para os expresados efectos, este anuncio, ademais da súa inserción nos diarios oficiais mencionados, será obxecto de exposición ó público no taboleiro de anuncios das casas dos concellos de Vilasantar e Boimorto (A Coruña).

Os que se consideren interesados terán á súa disposición para os devanditos efectos informativos copia da petición e dos exemplares da documentación técnica e máis do estudio ambiental para que poidan ser examinados nas seguintes dependencias administrativas:

-Proxectos das obras constitutivas do aproveitamento:

* Augas de Galicia, Servicio Territorial da Demarcación-Centro: praza de Vigo, 2, entresollado, 15701 Santiago de Compostela.

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental: complexo administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

* Concello de Boimorto: r/ Vilanova, 15818 Boimorto.

* Concello de Vilasantar: r/ Ru, 15807 Vilasantar.

-Estudios ambientais dos proxectos:

* Augas de Galicia, Servicio Territorial da Demarcación-Centro: praza de Vigo, 2, entresollado, 15701 Santiago de Compostela.

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental: complexo administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

* Delegación Provincial de Medio Ambiente da Coruña: edificio de Servicios Múltiples Monelos, praza Luis Seoane, s/n, 15008 A Coruña.

* Concello de Boimorto: r/ Vilanova, 15818 Boimorto.

* Concello de Vilasantar: r/ Ru, 15807 Vilasantar.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2002.

Francisco Pan-Montojo González

Presidente de Augas de Galicia

ANEXO

Relación de peticionarios

A) Peticionario e promotor: Minicentrales Compostela, S.L.

Enderezo: lugar da Matanza, s/n, 15917 Padrón (A Coruña).

Denominación do aproveitamento: Salto da Casilla.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal máximo derivado: 8.000 l/s.

Correntes de derivación: ríos Tambre e Cabalar (cota normal de encoro 405,98 en ambos ríos).

Corrente de restitución: río Tambre (cota de auga no río 380 m).

Desnivel (salto bruto): 25,98 m.

Altura das presas desde o leito ata o aliviadoiro: 2,85 m.

Potencia dos xeradores: 1.495 kW.

Concellos onde radican a toma e demais obras: Vilasantar e Boimorto (A Coruña).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

Azudes e tomas de auga:

Prevese a construcción de dous azudes, un no río Tambre e outro no río Cabalar. Os azudes serán de planta recta, cunha altura de 2,85 m. A cota de coroación dos azudes será a de 405,98 m nos ríos Tambre e Cabalar e os vertedoiros serán tipo Creager. Está proxectada a construcción dunha obra de toma no estribo dereito do río Tambre e outra no estribo esquerdo do río Cabalar, ás que lles segue, en ámbolos casos, un areeiro de 13,2 m de lonxitude

e 4 m de largo, que entronca cunha canle de derivación. Construirase unha escala de peixes no estribo esquerdo do río Tambre e outra no estribo dereito do río Cabalar.

Canle de derivación:

As canles de derivación son de sección rectangular de 2,4 m de largo e 1,6 m de alto, tendo unha lonxitude de 300 m o que parte do azude do río Cabalar, e 1.800 m o do Tambre.

Cámara de carga:

Ambas canles desembocan nunha cámara de carga de dimensións 24 x 5,7 x 3,5 m, coa súa reixa, tubaxe de descarga, aliviadoiro e comporta de toma.

Tubaxe forzada:

A tubaxe forzada terá 1.300 mm de diámetro e unha lonxitude de 70 m.

Central:

Dimensións exteriores en planta do edificio: 27,60 x 11 m proxectada na marxe dereita do río Tambre.

O aproveitamento hidroeléctrico proxéctase con dúas turbinas tipo Francis de eixe horizontal, de caudais nominais 5,15 e 2,85 m/s, unidas directamente a dous alternadores tipo síncronos trifásico de potencia total de 1.495 kW. A restitución ó río Tambre realízase mediante unha canle de reducida lonxitude e sección de 2,6 x 2,6 m.

* Afeccións:

Efectúase a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes.

PolígonoNº de parcela

19229 a

19229 b

19230

19318

19319 a

19319 b

19320

19321

1996 a

1996 b

1996 c

19364 b

Estudio de impacto ambiental:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.

A relación de predios afectados polo aproveitamento hidroeléctrico denominado Salto da Casilla é a seguinte:

B) Peticionario e promotor: Antonio Boado Paz.

Enderezo: Foro, 29 Présaras, 15807 Vilasantar (A Coruña).

Denominación do aproveitamento: Salto do Sapo.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal máximo derivado: 7.500 l/s.

Correntes de derivación: río Tambre (cota normal de encoro 404,98 m) e río Cabalar (cota normal de encoro 404,72 m).

Corrente de restitución: río Tambre (cota de auga no río: 378,26 m).

Desnivel (salto bruto): 26,72 m desde a toma no río Tambre e 26,46 m desde a toma no río Cabalar.

Altura da presa desde o leito ata o aliviadoiro (río Tambre): 2,10 m.

Altura da presa desde o leito ata o aliviadoiro (río Cabalar): 3,85 m.

Potencia en bornes dos xeradores: 1.649 kW.

Concellos onde radican a toma e demais obras: Vilasantar e Boimorto (A Coruña).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

Presa:

Aproveitaranse os azudes existentes no río Tambre e no Cabalar dotándoos de muretes e escala de peixes. O azude no río Tambre ten unha altura de 2,10 m e o do río Cabalar ten 3,85 m.

Canle de derivación:

As canles de derivación son de sección rectangular abertas de formigón coas seguintes características:

* Río Tambre:

Marxe dereita.

Largura base: 1,95 m.

Altura: 1,5 m.

Calado: 1,33 m.

Lonxitude: 1.500 m.

Pendente: 1,3 m/km.

Caudal de deseño: 3,75 m/s.

* Río Cabalar:

Marxe esquerda.

Largura base: 1,95 m.

Altura: 1 m.

Calado: 0,6 m.

Lonxitude: 144 m.

Pendente: 11 m/km.

Caudal de deseño: 3,75 m/s.

Cámara de carga:

Ambas canles desembocan nunha cámara de formigón armado coas seguintes características:

Volume: de 96 m.

Lonxitude: 12 m.

Largura: 4 m.

Altura: 2 m.

Tubaxe forzada:

A tubaxe forzada é de fundición dúctil que irá soterrada. Ten unha lonxitude de 37,5 m e diámetro interior de 1.700 mm.

Central:

Dimensións exteriores en planta do edificio: 15 x 8 m e unha altura media de 5,5 m.

O aproveitamento hidroeléctrico proxéctase cunha turbina tipo Kaplan de eixe vertical, directamente unida a un alternador asíncrono coas seguintes características:

Caudal máximo: 7,5 m/s.

Potencia turbina: 1.748 kW.

Potencia en bornes do xerador: 1.649 kW.

A restitución das augas procedentes das turbinas realizarase a través dunha canle de restitución de dimensións 1,75 m de largo x 2 m de alto.

* Afeccións:

Non se solicita declaración de utilidade pública do aproveitamento.

* Estudio de impacto ambiental.

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.