Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 15 de novembro de 2002 Páx. 16.042

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 23 de outubro de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador en materia de caza OU-48/02-C, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a proposta de resolución do expediente sancionador por presunta infracción á Lei sobre caza 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia (DOG nº 33, do 11 de xullo).

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, e sita na rúa do Paseo, nº 18-5º andar e achegar por escrito alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente remitiranse ó delegado provincial desta consellería, para a resolución do procedemento.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda, farase efectiva empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia.

Ourense, 23 de outubro de 2002.

Montserrat González Pérez

Instructora

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU 48/02 C.

Denunciado: José Rodríguez Rodríguez.

DNI: 76755689.

Último enderezo coñecido: San Cibrao das Viñas, 18-2º, Ourense.

Feito probado: cazar con escopeta cargada entre unha densa néboa, con outras persoas nas proximidades.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 58.38º da Lei de caza de Galicia.

Cualificación da infracción: grave.

Sanción: multa de 601,01 euros e retirada da licencia de caza e inhabilitación para obtela durante un ano.