Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 15 de novembro de 2002 Páx. 16.041

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CÉDULA do 18 de outubro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública unha relación de notificacións de resolucións de expedientes tramitados.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 14 de xaneiro (BOE nº 13, do 14 de xaneiro), notifícaselles ás persoas que a continuación se indican a resolución do expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código Civil, por non ser posible a dita notificación no último domicilio que consta no expediente obrante nesta delegación provincial.

Los interesados poderán interpoñer recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Pontevedra que corresponda, sen necesidade de reclamación administrativa previa de conformidade co disposto na disposición adicional primeira da Lei 3/1997, do 9 de xuño, galega de familia, infancia e adolescencia.

Os correspondentes expedientes obran no Servicio de Familia, Infancia e Menores da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en Vigo.

-Nº expediente: 2000/102-5.-Interesado: Ramón Cabaco Troncoso.-Enderezo: descoñecido.-Data: 17-3-2000.-Asunto: resolución administrativa do 17 de marzo de 2000.

-Nº expediente: 2000/102-5.-Interesados: Ramón Cabaco Troncoso e Amalia Peón Fernández.-Enderezo: descoñecido.-Data: 2-9-2002 e 11-10-2002.-Asunto: resolucións administrativas do 2 de setembro e do 11 de outubro de 2002.

Vigo, 18 de outubro de 2002.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra