Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 15 de novembro de 2002 Páx. 16.040

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación dunha consultoría e asistencia externa para o deseño da metodoloxía para a elaboración da formación asociada ás competencias profesionais e dirección e coordinación na aplicación práctica da antedita metodoloxía.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Formación e Colocación.

c) Número de expediente: 36/2002.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: deseño da metodoloxía para a elaboración da formación asociada ás competencias profesionais e dirección e coordinación na aplicación práctica da antedita metodoloxía.

Prazo de execución: desde a súa adxudicación ata o 31 de agosto do 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 85.000 euros.

Anualidade 2002: 40.000 euros.

Anualidade 2003: 45.000 euros.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Subdirección Xeral das Cualificacións.

b) Domicilio: Ramón Piñeiro, nº 9, baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Teléfono: Información 981 54 68 45, 981 54 68 40.

e) Fax: 981 54 68 57.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación, no seguinte enderezo da Internet:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2010.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: non se esixen.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas comezará o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará ó oitavo día natural, ás 14 horas, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que é preciso presentar: a sinalada na cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas, debendo figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador. No caso de estaren inscritos no rexistro de contratistas xuntarase grampado no exterior do sobre A o certificado do devandito rexistro.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: rexistro xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

2. Domicilio: San Caetano.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

(Ou na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: terá lugar, en acto público, na sala de xuntas da consellería o oitavo día hábil seguinte ó do fin do prazo de presentación das ofertas, a non ser que fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

11. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2002.

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia

e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude