Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 15 de novembro de 2002 Páx. 16.034

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 3 de outubro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/374-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T. derivación Barro-Casas Baratas.

Situación: concello de Tomiño.

Descricións técnicas: L.M.T., aéreo-subterránea, a 20 kV, de 63 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor LA-56, desde o apoio proxectado nº 1 tipo H.V.H. 1.000/15 CR1 C.A. e 370 m o tramo subterráneo, con conductor R.H.V., alimentando o C.T. que se proxecta nomeado Casas Baratas, na avda. do Xeneralísimo, no concello de Tomiño, rematando á altura da avda. do Xeneralísimo coa rúa da Pedra. L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 120 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V. desde o apoio nº 144 da L.M.T. Tui 8.03 ata o C.T. existente de Barro. C.T. de 250 kVA, R.T. 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 60 m de lonxitude, con conductor R.Z., desde o C.T. Casas Baratas. R.B.T., subterránea, de 55 m de lonxitude, con conductor tipo R.V., desde o C.T. Casas Baratas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 3 de outubro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra