Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T. e C.T. estrada Camposancos, nº 113.
Situación: concello de Vigo.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 270 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o C.T. existente, a reformar, Pereiras-Coruxo ata o C.T. que se proxecta no nº 113 da estrada Camposancos, no concello de Vigo, de 250 kVA, R.T. 15/20 kV-380/220 V. Reforma C.T. Pereiras-Coruxo cun conxunto de celas compactas SF6.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 30 de setembro de 2002.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra