Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 15 de novembro de 2002 Páx. 16.024

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2002, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de arquitectos, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do cuarto exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 28 de outubro de 2002, o tribunal designado pola Orde de 25 de abril de 2002 para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo da Xunta de Galicia (grupo A), escala arquitectos, convocado pola Orde do 8 de outubro de 2001 acordou, de conformidade co disposto na base III.10 da convocatoria, que o cuarto exercicio específico (resolución dun suposto práctico), se realizará o día 28 de novembro de 2002, ás 10 horas, na aula 17, 2ª planta da Escola Galega de Administración Pública, rúa Madrid, 2-4, Polígono das Fontiñas en Santiago de Compostela, en chamamento único.

A realización do exercicio comezará ás 10 horas, os opositores deberán estar alí presentes, ás 9.30 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2002.

Antonio Boné Pina

Presidente do tribunal