Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 15 de novembro de 2002 Páx. 16.024

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Acordo do 11 de outubro de 2002, do tribunal IV-F designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á categoría 36 (auxiliar de museos) do grupo IV do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, polo que se anula unha pregunta do segundo exercicio (1º suposto práctico), en acceso libre e promoción interna.

No DOG nº 202 do 18 de outubro de 2002, publicouse o devandito acordo do tribunal IV-F. Advertido erro, cómpre face-la seguinte corrección:

No segundo parágrafo onde di: «Anula-la pregunta número 21 do cuestionario de acceso libre e a pregunta número 22 do cuestionario de promición interna...», debe dicir: «Anula-la pregunta número 21 dos cuestionarios de acceso libre e promoción interna».