Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 15 de novembro de 2002 Páx. 16.018

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 30 de outubro de 2002 pola que se fixa o prezo de venda ó público de diversas publicacións.

De acordo coa obriga establecida no artigo 6 da Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, foron publicadas no Diario Oficial de Galicia dúas ordes polas que se fixaba o prezo de venda ó público de diversas publicacións.

Neste sentido, en data do 9 de agosto de 2002 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 10 de xullo de 2002 pola que se fixa o prezo de venda ó público da publicación: Manual de primeros auxilios del 061 de Galicia. No artigo único da devandita orde establecíase o prezo desta publicación en 9 euros, IVE incluído.

Así mesmo, en data do 19 de setembro de 2002 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 14 de agosto de 2002 pola que se fixa o prezo de venda ó público da publicación: Manual de primeiros auxilios do 061 de Galicia. No seu artigo único o prezo fixábase en 17,50 euros, IVE incluído.

Tendo en conta o anterior, a Comisión Permanente de Publicacións da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, para evitar unha excesiva diferencia do prezo de venda ó público entre os dous idiomas, considera necesario modificar este, fixando como prezo común para as dúas publicacións o resultante da media entre o custo da edición e o número de exemplares.

Para cumprir este mandato e despois de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería, en uso das facultades atribuídas polo artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente

DISPÓN:

Artigo único.

1. Queda aprobado o prezo de venda ó público das publicacións editadas pola Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia 061 e que se relacionan no anexo.

2. Estes prezos entenderanse, con IVE incluído.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas a Orde do 10 de xullo de 2002 pola que se fixa o prezo de venda ó público da publicación: Manual de primeros auxilios del 061 de Galicia e a Orde do 14 de agosto de 2002 pola que se fixa o prezo de venda ó público da publicación: Manual de primeiros auxilios do 061 de Galicia.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2002.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade

ANEXO I

* Manual de primeros auxilios del 061 de Galicia: 11,12 euros.

* Manual de primeiros auxilios do 061 de Galicia: 11,12 euros.