Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 14 de novembro de 2002 Páx. 15.998

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO relativo á aprobación definitiva do expediente número 6 de modificacións puntuais do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Lalín.

En cumprimento do disposto no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, faise público que o Pleno do Concello de Lalín, en sesión que tivo lugar o día 30 de setembro de 2002, aprobou definitivamente o expediente nº 6 de modificacións puntuais do PXOM de Lalín.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante o mesmo órgano que o dictou, no prazo dun mes, ou interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados ámbolos dous prazos, a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Lalín, 7 de outubro de 2002.

O concelleiro delegado de Urbanismo

Rubricado