Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 14 de novembro de 2002 Páx. 15.998

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

A Alcaldía-Presidencia, con data do 25 de outubro do ano que andamos, aprobou inicialmente o proxecto de urbanización da praza ZL-73 na confluencia

das rúas Da Terra e Almendra coas condicións contidas nos informes dos servicios técnicos municipais.

De conformidade co artigo 44.3º da Lei do solo de Galicia, sométese a información pública durante o prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia (DOG).

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 28 de outubro de 2002.

Xaime Bello Costa

Alcalde