Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 14 de novembro de 2002 Páx. 15.984

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica de modificación do proxecto de execución da L.A.T. a 66 kV do parque eólico de Peña Armada-subestación eléctrica de Friol. (Expediente 14/2001 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Energías Especiales, S.A.

Domicilio social: rúa Betanzos, 1-1º esq., A Coruña.

Denominación: modificación do proxecto de execución da L.A.T. 66 kV parque eólico de Peña Armada-subestación eléctrica de Friol.

Situación: Friol.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de alta tensión a 66 kV, para interconexión do parque eólico de Peña Armada e a subestación eléctrica de Friol, de 528 metros de lonxitude, composta por un circuíto cun conductor por fase R.H.Z.1 directamente soterrada.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 5 de novembro de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL