Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 14 de novembro de 2002 Páx. 15.983

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 2002 pola que se lle concede ó centro de estudios E3C CETIF, S.L. a cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador autorizado de productos petrolíferos (PPL) das categorías IP-I e IP-II.

Examinada a solicitude e a documentación anexa presentada por José Ramón Perina Edreira en representación do centro de estudios E3C CETIFT, S.L. con CIF B-15748171 e domicilio na rúa Fco. Añón, nº 13 baixo, da Coruña, pola que se solicita a cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador autorizado de PPL.

Feitos.

Con data 27 de maio de 2002, José Ramón Perina Edreira, en nome e representación do centro de estudios E3C CETIF, S.L. presentou escrito solicitando, ó abeiro da Orde do 27 de decembro de 2000, pola que se establece o procedemento unificado para a obtención de carnés profesionais e esixencias a empresas autorizadas para instalación, mantemento e outras actividades en materia de seguridade industrial. (DOG do 16 de xaneiro de 2001), e da Orde do 21 de novembro de 2001 pola que se desenvolve o Decreto 306/2001, do 15 de decembro, pola que se regulan os procedementos para a obtención dos carnés profesionais e as autorizacións a empresas dedicadas á montaxe, mantemento e reparación de instalacións de productos petrolíferos, que lle fose concedida a renovación como entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos nos ámbitos solicitados.

Para tal efecto, achegaba a documentación esixida no artigo 13 da citada Orde do 27 de decembro.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-Esta dirección xeral é competente para resolver este expediente con base no Estatuto de Autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril; nos reais decretos 1634/1980,

do 31 de xullo e 2563/1982, do 24 de xullo, nos decretos 6/1982, do 29 de xaneiro e 132/1982, do 4 de novembro, e no Decreto 15/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, con relación á Orde do 27 de decembro de 2000 pola que se establece o procedemento unificado para a obtención de carnés profesionais e esixencias a empresas autorizadas para instalación, mantemento e outras actividades en materia de seguridade industrial, e demais lexislación concordante.

Segundo.-Na tramitación deste expediente cumpríronse tódolos requisitos regulamentariamente establecidos.

Terceiro.-A documentación presentada por José Ramón Perina Edreira acredita que o centro de estudios E3C CETIF, S.L. cumpre coas esixencias establecidas no artigo 13 da Orde do 27 de decembro de 2000 para a súa actuación nos ámbitos e categorías solicitadas.

Esta Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Primeiro.-Outorgar ó centro de estudios E3C CETIF, S.L. a cualificación de entidade recoñecida para imparti-los cursos teórico-prácticos para a obtención dos carnés profesionais de instalador de productos petrolíferos para as categorías IP-I e IP-II, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade co establecido no capítulo quinto da Orde do 27 de decembro de 2000.

Segundo.-Para imparti-los cursos, deberáselle comunicar á Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da provincia onde se impartan, antes de inicia-los cursos, datas de inicio, programa, profesorado, listaxes de alumnos e lugar, horario e data dos exames, co fin de realiza-lo control correspondente.

Terceiro.-Esta autorización deberase renovar ós dous anos, para o que deberá acreditar ante a dirección xeral competente en materia de industria o cumprimento dos requisitos esixidos na autorización inicial.

Cuarto.-As entidades recoñecidas quedan obrigadas a comunica-los cambios que se poidan producir na súa estructura de persoal durante o período de validez da autorización, así como a presentar anualmente unha memoria na que se detallen as actividades desenvolvidas.

Quinto.-Poderase, mediante resolución motivada polo director xeral competente en materia de industria, revoga-la autorización á dita entidade no caso que se incumpran as obrigas e compromisos que resultan do disposto na Orde do 27 de decembro de 2000, DOG do 16 de xaneiro.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpor, no prazo dun mes, contado desde ó día seguinte a data da súa notificación, recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro) de réxime xurídico das administracións públicas

e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas