Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 14 de novembro de 2002 Páx. 15.982

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 2 de outubro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/372-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: variante vía rápida tramo II.

Situación: concellos de Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 261 m de lonxitude, con conductor LA-110, desde o apoio C-3000/12 proxectado ata o apoio CH-1000/11 proxectado. L.M.T., aérea, a 20 kV, con conductor tipo LA-56, de 85 m de lonxitude, desde o apoio CH-1600/20 proxectado ata o apoio C-1000/12 existente na LCS802 (rúa Nova-Friáns). L.M.T., aérea, a 20 kV, con conductor tipo LA-110, de 146 m de lonxitude, desde o apoio C-2000/14 proxectado ata o apoio HV-630/15 existente na LCS802 (rúa Nova-Friáns).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 2 de outubro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra