Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 14 de novembro de 2002 Páx. 15.982

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 2 de outubro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/370-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. r/ Rodrígo de Mendoza, 4.

Situación: Concello de Vilagarcía de Arousa.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 5 m de lonxitude, con conductor R.H.Z., desde a L.M.T.S. LSC804-DR.Tourón, entre os CC.TT. Agustín Romero e Fesdega alimentando en bucle o C.T. que se proxecta na rúa Rodrígo Mendoza nº 4, no concello de Vilagarcía de Arousa, de 630 kVA, R.T.20 kV-380/220 V, rematando no punto de inicio da liña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 2 de outubro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra