Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 14 de novembro de 2002 Páx. 15.973

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO, SECCIÓN SEGUNDA)

EDICTO (5202/2002).

Polo presente edicto faise saber que en providencia dictada no día da data, por esta Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, se acordou admitir a trámite o recurso interposto pola procuradora Mª Dolores Neira López, en nome e representación de Provical, Promotora y Gestora, S.L., Construcciones Bouzó, S.L., Urbanización Lamazares, S.A., Regino Giráldez Boo e María del Carmen Groba Varela, Araujo Rial Construcciones, S.L., Zoom Building, S.L., Dove Galicia, S.L., Martina Ferradás Martínez, Construcciones Cachada, S.L., Promociones Pedra Piñeira-Aislagran, S.L., Inversiones Inmobiliarias y Explotaciones Turísticas de Galicia y Norte de Portugal, S.L., Promociones Rabuñade, S.L., Tuyvi, S.L., J.F.E. Guillarey Construcciones y Promociones, S.L., Clinker Salceda, S.L., Divina Fernández Gil, Pronorgasa y Judaqui-Pedra Piñeira, S.L., contra o Decreto 207/2002, do 20 de xuño, polo que se acorda a suspensión das normas subsidiarias de

planeamento municipal de Ponteareas, aprobadas definitivamente pola Comisión Provincial de Urbanismo de Pontevedra o 11-5-1995.

Recurso número: 02/0005202/2002.

A publicación deste anuncio servirá de emprazamento para as persoas que, non tendo sido notificadas persoalmente, posúan un dereito ou interese lexítimo no citado recurso, que poderán comparecer en legal forma no prazo de nove días. Se o fixesen con posterioridade, teráselles por parte para os trámites non precluídos.

A Coruña, 16 de outubro de 2002.

Isabel Freire Corzo

Secretaria

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE NOIA