Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 14 de novembro de 2002 Páx. 15.973

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO, SECCIÓN SEGUNDA)

EDICTO (5200/2002).

Polo presente edicto faise saber que en providencia dictada no día da data, por esta sección segunda

da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, se acordou admitir a trámite o recurso interposto pola procuradora Mª Dolores Neira López, en nome e representación de Concello do Grove, contra o Decreto 208/2002, do 20 de xuño, polo que se acorda a suspensión das normas subsidiarias de planeamento municipal do Grove, aprobada definitivamente pola corporación municipal o 25-4-1996.

Recurso número: 02/0005200/2002.

A publicación deste anuncio servira de emprazamento para as persoas que, non tendo sido notificadas persoalmente, posúan un dereito ou interese lexítimo no citado recurso, que poderán comparecer en legal forma no prazo de nove días. Se o fixesen con posterioridade, teráselles por parte para os trámites non precluídos.

A Coruña, 16 de outubro de 2002.

Isabel Freire Corzo

Secretaria