Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 13 de novembro de 2002 Páx. 15.904

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector da construcción.

Visto o texto do convenio colectivo do sector da construcción, con nº de código 3600435, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 30-9-2002, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios da Construcción (APEC), e da parte social, polas centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG, en data 18-9-2002. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, obrante nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 3 de outubro de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da construcción 2002

Artigo 1º.-Partes asinantes.

a) Son partes asinantes do presente convenio, dunha banda a Federación do Metal, Construcción e Afíns da UGT (MCA-UGT), a Federación de Construcción, Madeira e Afíns de CC.OO. (Fecoma-CC.OO.) e a Federación da Construcción e Madeira da CIG (FCM-CIG) como representación laboral, e da outra banda, a Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Pontevedra, APEC, en representación empresarial.

b) Ámbalas dúas partes recoñécense mutuamente lexitimación para negocia-lo presente convenio.

Artigo 2º.-Eficacia e alcance obrigacional.

Dada a natureza normativa e eficacia xeral, que lle vén dada polo disposto no artigo 3 do Estatuto dos traballadores e pola representatividade das organizacións asinantes, o presente convenio obrigará a todo o persoal que, prestando os seus servicios nos centros de traballo establecidos ou que se establezan na provincia de Pontevedra, estea contratado polas empresas comprendidas dentro dos seus ámbitos funcional, persoal e territorial.

Artigo 3º.-Ámbito funcional.

O presente convenio colectivo será de aplicación a todo o persoal que, prestando os seus servicios nos centros de traballo establecidos ou que se establezan na provincia de Pontevedra, estea contratado polas empresas que se dediquen a calquera das actividades que figuran no convenio xeral da construcción, agás aquelas que teñen convenio propio.

Artigo 4º.-Ámbito temporal.

O presente convenio terá unha duración de 1 ano, contado desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2002. En evitación do baleiro normativo que noutro caso se produciría unha vez rematada a súa vixencia inicial, ou a de calquera das súas prórrogas, continuará rexendo na súa totalidade, tanto no seu contido normativo como no obrigacional, ata que sexa substituído por outro.

Artigo 5º.-Procedementos de denuncia.

Para dar cumprimento ó previsto no artigo 85.2º d) do Estatuto dos traballadores, as partes asinantes fan constar expresamente que o presente convenio non precisa denuncia previa para para inicia-la negociación do convenio que os substitúa.

Artigo 6º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas melloras contidas no presente convenio establécense co carácter de mínimas. Os pactos ou situacións actuais existentes en calquera empresa que impliquen condicións máis beneficiosas respecto das convidas serán respectadas.

Artigo 7º.-Vinculación á totalidade.

Sendo as condicións pactadas un todo orgánico e indivisible, o presente convenio será nulo e ficará sen efecto ningún no suposto de que a xurisdicción competente modificase, anulase ou invalidase algún dos seus pactos ou non aprobase a totalidade do seu contido, que debe ser un e indivisible na súa aplicación.

Artigo 8º.-Comisión paritaria.

1. Créase unha comisión paritaria composta por un máximo de 12 membros, que serán designados a partes iguais por cada unha das partes, sindical e empresarial, na forma que decidan as respectivas organizacións e coas funcións que se especifican no artigo seguinte.

2. Os acordos da comisión paritaria adoptaranse en todo caso por unanimidade e, aqueles que interpreten este convenio, terán a mesma eficacia que a norma que fose interpretada.

3. A comisión reunirase, alomenos, unha vez ó trimestre, e o seu funcionamento realizarase da forma que ela acorde.

Artigo 9º.-Funcións e procedementos da comisión paritaria.

1. A comisión paritaria á que se refire o artigo anterior, terá as seguintes funcións:

a) Vixilancia e seguimento do cumprimento deste convenio.

b) Interpretación da totalidade dos preceptos do presente convenio.

c) Por instancia dalgunha das partes mediar e/ou tentar conciliar, se é o caso, e logo de acordo das partes e por solicitude delas, arbitrar en cantas cuestións e conflictos, todos eles de carácter colectivo, poidan suscitarse na aplicación do presente convenio.

d) Cantas outras funcións tendan á maior eficacia práctica do presente convenio, ou se deriven do estipulado no seu texto e anexos que formen parte del.

2. Como trámite que será previo e preceptivo a toda actuación administrativa ou xurisdicional que se promova, as partes asinantes do presente convenio obríganse a pór en coñecemento da comisión paritaria cantas dúbidas, discrepancias e conflictos colectivos, de carácter xeral, poidan suscitarse en relación coa súa interpretación e aplicación, sempre que sexan da súa competencia conforme o establecido no punto anterior, co fin de, que mediante a súa intervención, se resolva o problema suscitado ou, se iso non fose posible, emita dictame ó respecto. Este trámite previo entenderase cumprido no caso de que transcorrese o prazo previsto no seguinte punto 5 sen que se emitise resolución ou dictame.

3. Sen prexuízo do pactado no punto 3 do artigo anterior, establécese que as cuestións propias da súa competencia que se pomovan ante a comisión paritaria adoptarán a forma escrita e o seu contido será o suficiente para que poidan examinar e analiza-lo problema co necesario coñecemento de causa, debendo ter como contido obrigatorio:

a) Exposición sucinta e concreta do asunto.

b) Razóns e fundamentos que entenda que lle asisten ó propoñente.

c) Proposta ou petición concreta que se lle formule á comisión.

Ó escrito-proposta xuntaranse cantos documentos se consideran necesarios para a mellor comprensión e resolución do problema.

4. A comisión poderá solicitar, por vía de ampliación, canta información ou documentación estime pertinente para unha mellor ou máis completa infor

mación do asunto, para o que se lle concederá un prazo ó propoñente que non poderá exceder de cinco días hábiles.

5. A comisión paritaria, unha vez recibido o escrito-proposta ou, se é o caso, completada a información pertinente, disporá dun prazo non superior a vinte días hábiles para resolve-la cuestión suscitada ou, se iso non fose posible, emiti-lo oportuno dictame. Transcorrido o dito prazo sen se producir resolución nin dictame, quedará aberta a vía administrativa ou xurisdicional competente.

6. As partes asinantes asumen o contido do Acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflictos de traballo (AGA) publicado no DOG do 8 de abril de 1992, que desenvolverá os seus efectos nos ámbitos do presente convenio, co alcance previsto no propio AGA.

Artigo 10º.-Probas de aptitude.

1. As empresas, previamente ó ingreso, poderánlles realizar ós interesados as probas de selección, prácticas e psicotécnicas, que consideren necesarias para comprobar se o seu grao de aptitude e a súa preparación son axeitadas á categoría profesional e posto de traballo que vaian desempeñar.

2. O traballador, con independencia da súa categoría profesional, e antes da súa admisión na empresa, someterase a un recoñecemento médico, segundo se establece no artigo seguinte.

3. Unha vez considerado apto, o traballador contratado deberá ser inscrito no libro de matrícula do centro de traballo corespondente, debendo achegar para iso a documentación necesaria e asinando nel.

Artigo 11º.-Recoñecementos médicos.

1. A empresa virá obrigada a realizar recoñecemento médico previo á admisión e recoñocementos médicos periódicos a tódolos traballadores ó seu servicio, alomenos unha vez ó ano.

2. En ámbolos dous casos o recoñecemento médico será axeitado ó posto de traballo de que se trate.

3. A Comisión Paritaria Nacional de Seguridade e Hixiene estudiará no futuro a posibilidade e conveniencia de establece-los aspectos mínimos que deba comprender todo recoñecemento médico.

Tamén estudiará a forma de evita-la repetición de recoñecementos médicos a un mesmo traballador nun mesmo ano, por cambio de empresa, unha vez que se implante a cartilla profesional.

4. Os custos dos recoñecementos médicos correrán, exclusivamente, a cargo da empresa, e, nos periódicos, os gastos de desprazamentos orixinados por eles.

Artigo 12º.-Período de proba.

1. Poderá concertarse por escrito un período de proba que en ningún caso poderá exceder de:

a) Técnicos titulados: 6 meses.

b) Empregados:

Niveis III, IV e V: 3 meses.

Niveis VI ó X: 2 meses.

Resto do persoal: 15 días naturais.

c) Persoal obreiro:

Encargados e capataces: 1 mes.

Resto de persoal: 15 días naturais.

2. Durante o período de proba o traballador terá os dereitos e obrigas correspondentes á súa categoría profesional e posto de traballo que desempeñe, como se fose do cadro de persoal, agás os derivados da resolución da relación laboral, que poderá producirse por instancia de calquera das partes durante o seu transcurso, sen necesidade de previo aviso e sen que ningunha das partes teña dereito a indemnización ningunha, debéndose comunica-la desestencia por escrito.

3. Transcorrido o período de proba sen que se producise a desestencia, o contrato producirá efectos plenos, computándose o tempo dos servicios prestados para efectos de antigüidade.

4. Os titulares da cartilla profesional expedida pola Fundación Laboral da Construcción, con contrato fixo de obra ou outra modalidade de contrato temporal estarán exentos do período de proba para os traballos da súa categoría profesional, sempre que conste na cartilla profesional ter acreditado o seu cumprimento en calquera empresa anterior.

Artigo 13º.-Contratación.

O ingreso ó traballo poderá realizarse de conformidade con calquera das modalidades de contratación reguladas no Estatuto dos traballadores, disposicións complementarias e no convenio xeral do sector.

Artigo 14º.-Contrato de fixo de cadro de persoal.

Este contrato é o que concertan un empresario e un traballador para a súa prestación laboral na empresa por tempo indefinido. Esta será a modalidade normal de contratación que realizarán os empresarios e os traballadores en tódolos centros de traballo de carácter permanente.

Artigo 15º.-Contrato para traballo fixo de obra.

1. Segundo o previsto no artigo 15.1º a) do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores este contrato ten por obxecto a realización dunha obra ou traballo determinados, e formalizarase sempre por escrito.

2. Con carácter xeral, o contrato é para unha soa obra, con independencia da súa duración e terminará cando finalicen os traballos do oficio e categoría do traballador na dita obra.

3. Sen embargo o anterior o persoal fixo de obra poderá prestar servicios a unha mesma empresa, e en distintos centros de traballo dunha mesma pro

vincia sempre que exista acordo expreso para cada un dos distintos centros sucesivos, durante un período máximo de tres anos consecutivos, salvo que os traballos da súa especialirmo, sen perder esta condición e devengando os conceptos compensatorios que correspondan polos seus desprazamentos. Para tal efecto subscribirán o correspondente documento segundo o modelo que figura no anexo V.

4. O cesamento dos traballadores deberá producirse cando a realización paulatina das correspondentes unidades de obra fagan innecesario o número dos contratados para á súa execución, debendo reducirse este de acordo coa diminución real do volume de obra realizada.

Este cesamento deberá comunicarse por escrito ó traballador cunha antelación de quince días naturais. Non obstante, o empresario poderá substituír este aviso previo por unha indemnización equivalente á cantidade correspondente ós días de aviso previo omitidos, calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio. Todo iso, sen prexuízo da notificación escrita do cesamento. A citada indemnización deberá incluírse no recibo de salarios coa liquidación correspondente ó cesamento.

5. De producirse a paralización temporal dunha obra por causa imprevisible para o empresario e allea á súa vontade, tras dar conta a empresa á representación dos traballadores do centro ou, no seu defecto, á comisión paritaria provincial, operarán a terminación de obra e cesamento previstos no punto 4, a excepción do aviso previo. A representación dos traballadores do centro ou, no seu defecto, a comisión paritaria provincial, disporán, se é o caso, dun prazo máximo improrrogable dunha semana para a súa constatación, contado desde a notificación. O empresario contrae tamén a obriga de ofrecer de novo un emprego ó traballador cando desaparecesen as causas de paralización da obra. Esta obriga entenderase rematada cando a paralización se convirta en definitiva. Logo de acordo entre as partes, o persoal afectado por esta terminación de obra poderá incluírse no regulado no punto 2.

Este suposto non poderá ser de aplicación en casos de paralización por conflicto laboral.

6. En tódolos supostos regulados nos puntos anteriores, e segundo o previsto no artigo 49.1º c) no texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, establécese unha indemnización por cesamento do 4,5%, calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio, percibidos durante a vixencia do contrato.

Artigo 16º.-Contratos de duración determinada.

Cando o contrato de duración determinada previsto no punto 1.b) do artigo 15 do Estatuto dos traballadores se concerte para cubrir postos en centros de traballo que non teñan a consideración de obra, nese suposto, a duración máxima do contrato poderá ser de 12 meses dentro dun período de 18 meses.

No caso de que se concerten por un período inferior a 12 meses poderán ser prorrogados mediante acordo das partes, sen que a duración total do contrato poida exceder do dito límite máximo. O período de 18 meses computarase a partir da data da causa ou circunstancia que xustifique a súa utilización.

Artigo 17º.-Indemnización para outras modalidades de contratación.

Os traballadores que formalicen outros tipos de contratos independentes do contrato para traballo fixo de obra, terán dereito, unha vez rematado o contrato correspondente por expiración do tempo convido, a percibir unha indemnización por conclusión do 7%, se a duración fose igual ou inferior a 365 días e do 4,5% se a duración fose superior a 365 días, calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio aplicable, percibidos durante a vixencia do contrato.

Artigo 18º.-Contrato para a formación.

1. O sector recoñece a importancia que o contrato para a formación pode ter para a incorporación, con axeitada preparación, de determinados colectivos de mozos. Esta preparación debe recoller tanto o aspecto práctico de cada oficio como o coñecemento e adecuación ó sistema educativo xeral. Debemos polo tanto indica-la oportunidade de que a formación teórica e práctica correspondente ós contratos para a formación se leve a cabo a través das institucións formativas das que está dotado o sector.

2. O contrato para a formación terá como obxecto a adquisición da formación teórica e práctica necesaria para o axeitado desempeño dun oficio cualificado no sector da construcción.

3. Ser prexuízo da posible adaptación a novas tecnoloxías, poderá ser obxecto deste contrato para a formación os oficios incluídos nos niveis VIII e IX do presente convenio.

4. O contrato para a formación poderá celebrarse con traballadores que teñan cumpridos os 16 anos e menores de 21 anos que non teñan titulación requirida para formalizar contrato en prácticas no oficio ou posto obxecto de formación ou aprobado algún curso de formación profesional ocupacional homologado da mesma especialidade e cun número de horas teóricas equivalente ou superior ás previstas para a formación.

5. Igualmente poderá celebrarse o contrato para a formación, sen restricción ó límite superior de idade anteriormente sinalado, cos seguintes colectivos de traballadores desempregados:

Minusválidos.

Traballadores extranxeiros durante os dous primeiros anos de vixencia do seu permiso de traballo, salvo que acrediten a formación e experiencia necesarias para o desempeño do posto de traballo.

Aqueles que leven máis de tres anos sen actividade laboral.

Os que se atopen en situación de exclusión social.

Os que se incorporen como alumnos-traballadores ós programas de escolas taller, casas de oficio e talleres de emprego.

6. O tipo de traballo que debe presta-lo traballador en formación estará directamente relacionado coas tarefas propias do oficio ou posto cualificado, incluíndose os labores de limpeza e mantemento dos utensilios e ferramentas empregados no labor conxunto, coa dilixencia correspondente á súa aptitude e coñecementos profesionais.

Non poderán ser contratados baixo esta modalidade por razón de idade, os menores de 18 anos para os oficios de vixilante, poceiro, e entibador, nin para aquelas tarefas ou postos de traballo que expresamente fosen declarados como especialmente tóxicos, penosos, perigosos e insalubres, con independencia da prohibición legal de realizar horas extraordinarias e traballo nocturno en calquera actividade.

7. A duración do contrato non poderá ser inferior a seis meses nin exceder de tres anos para os contratos ós que se refire o punto 4 precedente, nin de dous anos para os colectivos á que se refire o punto 5, sen prexuízo do establecido no punto 11.

Cando se celebre por un prazo inferior ó máximo establecido no parágrafo anterior, poderá prorrogarse antes do seu remate por acordo entre as partes, unha ou máis veces, por períodos non inferiores a seis meses, sen que o tempo acumulado, incluído o das prórrogas, poida exceder do referido prazo máximo. O aviso previo de remate de contrato deberá axustarse ós prazos e forma que se indica no artigo 15º.4, parágrafo 2º, do presente convenio.

Expirada a duración máxima do contrato para a formación, o traballador non poderá ser contratado baixo esta modalidade pola mesma ou distinta empresa.

8. Para a impartición do ensino teórico, adoptarase como modalidade a de acumulación de horas nun día da semana ou ben o necesario para completar unha semana enteira de formación. No contrato deberase especifica-lo horario de ensino.

O empresario, no contrato de traballo, vén obrigado a designa-la persoa que actuará como titor do traballador en formación, que deberá ser aquela que polo seu oficio ou posto cualificado desenvolva a súa actividade auxiliada por este, podendo asumi-las titorías o propio empresario, sempre que desenvolva a súa actividade profesional na mesma obra que o traballador en formación.

9. A retribución dos contratados para a formación será a seguinte:

Táboas salariais de contratados para a formación:

-Excepto colectivos punto 5 deste artigo.

Primeiro ano: 458,35 euros.

Segundo ano: 534,74 euros.

Terceiro ano: 649,33 euros.

-Colectivos do punto 5 deste artigo.

Primeiro ano: 725,72 euros.

Segundo ano: 763,92 euros.

A dita retribución enténdese referida a unha xornada do 100% do traballo efectivo.

10. O complemento extrasalarial, regulado no artigo 31º do presente convenio, devengarase en igual contía que o sinalado para o resto dos traballadores, durante os días que dure o contrato.

11. Toda situación de incapacidade temporal do contratado para a formación inferior a seis meses, comportará a ampliación da duración do contrato por igual tempo ó que o contrato estivese suspendido.

12. Se rematado o contrato, o traballador non continuase na empresa, esta entregaralle un certificado acreditativo do tempo traballado con referencia ó oficio obxecto da formación e do aproveitamento, que ó seu xuízo, obtivo o traballador na súa formación práctica.

Así mesmo, o traballador contratado para a formación terá dereito a unha indemnización por cesamento do 4,5% calculado sobre os conceptos salariais das táboas do convenio devengados durante a vixencia do contrato.

A Fundación Laboral da Construcción, a través dos seus centros propios ou colaboradores, dará a cualificación a través das probas correspondentes, previamente homologadas, tanto do aproveitamento teórico como práctico e decidirá o seu pase á categoría de oficial.

Artigo 19º.-Empresas de traballo temporal.

1. As empresas afectadas por este convenio, cando contraten os servicios de empresas de traballo temporal, garantirán que os traballadores postos á súa disposición, teñan os mesmos dereitos laborais e retributivos que lles correspondan ós seus traballadores en aplicación deste convenio colectivo, ou pacto de empresa. Esta obriga constará expresamente no contrato de posta á disposición celebrado entre a empresa de traballo temporal e a empresa usuaria que estea vinculada polo presente convenio.

2. Non se poderán contrata-los servicios das empresas de traballo temporal para a realización das tarefas habituais. Só se poderán utilizar para o caso de cubrir incapacidades temporais ou situacións extraordinarias.

Artigo 20º.-Conversión de contratos temporais en indefinidos.

De conformidade coa remisión á negociación colectiva contida no punto 2.b) da disposición adicional primeira da Lei 63/1997, do 26 de decembro, acórdase que a partir do 16 de maio de 1998 os contratos de duración temporal, incluídos os contratos formativos, poderán ser convertidos en con

tratos para o fomento da contratación indefinida suxeitos ó réxime xurídico establecido na expresada disposición adicional.

Artigo 21º.-Subcontratación.

As empresas que subcontraten con outras do sector a execución de obras ou servicios, responderán ante os traballadores das empresas subcontratistas nos termos establecidos no artigo 42 do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

Así mesmo, estenderase a responsabilidade á indemnización de natureza non salarial por morte, grande invalidez, incapacidade permanente absoluta ou total, derivadas de accidente de traballo ou enfermidade profesional pactada no artigo 41º do presente convenio, quedando limitado o ámbito desta responsabilidade exclusivamente respecto dos traballadores das empresas subcontratadas obrigadas por este convenio provincial.

Para os efectos da citada execución de obras ou servicios, o respectivo subcontratista deberá pór en coñecemento do seu contratista principal o feito de subcontrata-la totalidade ou parte dos traballos a el contratados, e en todo caso con carácter previo á iniciación dos traballos. Para tal efecto deberá remitir cuberto o documento co modelo que se insire no anexo VI do presente convenio. Do dito documento, unha copia entregarase á representación legal dos traballadores, e outra á Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social, todo iso como medida de colaboración coa citada inspección segundo o artigo 11 da Lei ordenadora do 14 de novembro de 1997.

A empresa principal deberá establecer baixo a súa reponsabilidade, nos centros de traballo no que presten servicio traballadores de empresas subcontratistas, os mecanismos de coordinación, axeitados para a prevención de riscos, información sobre estes, e en xeral, a canto se relaciona coas condicións de seguridade e saúde dos traballadores, así como hixiénico-sanitarias.

Artigo 22º.-Garantías sobre as condicións de traballo.

Co obxecto de que o traballador coñeza os datos relativos á súa afiliación e cotización ó rexime xeral da Seguridade Social, como obriga establécense as seguintes garantías:

a) Facilitarase pola empresa contratante copia do parte de alta na Seguridade Social acada traballador dentro dos oito días do seu ingreso.

b) As empresas quedan obrigadas a publicar no taboleiro de anuncios os modelos TC-1 e TC-2 correspondente ó último mes no que se fixera efectiva a liquidación.

Así mesmo, deberá publicarse copia do recibo de estar ó día no pagamento da cota á entidade aseguradora daquelas pólizas que se concertasen a favor dos traballadores ou dos seus beneficiarios.

Artigo 23º.-Taboleiro de anuncios.

En tódolos centros de traballo será obrigatoria a existencia de taboleiro de anuncios para fixar comunicacións e información sindical.

Artigo 24º.-Inasistencias inxustificadas.

As empresas poderán descontar ós productores que falten ó traballo sen causa xustificada o importe da cota empresarial á Seguridade Social.

Artigo 25º.-Actividade normal.

É a que mediante un esforzo constante e razonable debe realiza-lo traballador afeito ó seu traballo e consciente da súa obriga e da que obteñan un rendemento normal sen remuneración con incentivo.

Artigo 26º.-Productividade no traballo.

As retribucións pactadas neste convenio establecéronse sobre a base e como contraprestación dunha productividade normal e correcta no traballo.

Artigo 27º.-Cartilla profesional.

A Fundación Laboral de Construcción expedirá a cartilla profesional, quedando exentos os traballadores que dispoñan da mesma do período de proba para os traballos da súa categoría profesional.

Artigo 28º.-Ascensos: procedemento.

Os ascensos ateranse ó rexime seguinte:

1. O ascenso dos traballadores a tarefas ou postos de traballo que impliquen un mando ou confianza especial, serán de libre designación e revogación polas empresas.

2. Para ascender, cando proceda, a unha categoría profesional superior, a empresa establecerá sistemas de carácter obxectivo, podendo tomar como referencia, entre outras, as seguintes circunstancias:

a) Titulación axeitada.

b) Coñecementos do posto de traballo.

c) Historial profesional.

d) Ter desempeñado función de superior categoría profesional.

e) Superar satisfactoriamente probas que se propoñan, que deberán se-las axeitadas ó posto de traballo que se vai desempeñar.

Artigo 29º.-Incremento económico.

Para o ano 2002 aplicarase un incremento económico do 3% sobre os conceptos de salarios, gratificacións extraordinarias, vacacións e complemento extrasalarial.

Os salarios son os que para cada categoría profesional se fixan na táboa anexa I.

Artigo 30º.-Cláusula de garantía salarial.

No suposto de que o incremento anual do índice anual de prezos ó consumo (IPC) ó 31 de decembro de 2002, supere o 2%, efectuarase unha revisión económica para efectos de que sirva de base para as táboas salariais do convenio do ano seguinte, afec

tando a tódolos conceptos económicos: salario, gratificacións extraordinarias, retribución de vacacións e complemento extrasalarial.

Artigo 31º.-Complemento extrasalarial.

1. Co fin de compensa-los gastos que se producen ós traballadores para acudir ós seus postos de traballo, tendo en conta a mobilidade destes, establécese un complemento extrasalarial por día efectivo de traballo de 3,54 euros, para tódolos grupos e categorías.

2. Aínda que se aboe por día traballado, establécese para efectos prácticos, o seu cómputo anual dividido en once mensualidades, de tal xeito que a cantidade percibida por este concepto, en cada mes totalmente traballado sexa de 70,80 euros, para tódolos grupos e categorías.

3. Os complementos extrasalariais sumados deberán quedar comprendidos durante 2002 entre o 5% e o 7% do total anual das táboas do convenio para cada categoría ou nivel retributivo.

Artigo 32º.-Locomoción.

1. Serán por conta da empresa os gastos de locomoción que se orixinen como consecuencia da situación de desprazamento ata o centro de traballo, xa sexa pondo medios propios á disposición do traballador, xa aboándolle a compensación correspondente.

2. No caso de que o traballador, para o desprazamento, teña que usar medios alleos ó da empresa, esta aboaralle 0,16 euros por cada quilómetro percorrido no desprazamento, tendo en conta as seguintes consideracións:

a) No caso de traballadores fixos, entenderase por desprazamento o percorrido entre o domicilio da empresa e o centro de traballo no que estea prestando os seus servicios en cada momento.

b) No caso de traballadores con contrato que non sexa o fixo de cadro de persoal, o desprazamento será o percorrido entre o centro de traballo para o que fora contratado inicialmente e aquel no que estea realizando a súa actividade en cada momento.

3. O devengo das cantidades polo concepto de locomoción suxeitarase ás seguintes normas:

a) Só darán dereito a estas percepcións aqueles desprazamentos que supoñan percorridos superiores ós 10 km.

b) No caso de que proceda o aboamento de cantidades por este concepto, só serán aboables os quilómetros que excedan dos 5 primeiros do percorrido.

c) Non procedará o aboamento de quilometraxe por locomoción, cando o centro de traballo no que estean prestando os seus servicios, se atope a unha distancia do domicilio do traballador que sexa inferior a 10 km.

d) Só darán dereito a estes aboamentos dous desprazamentos diarios.

4. Cando o persoal desprazado que poida volver a pernoitar na súa residencia habitual tivese que empregar, como consecuencia do desprazamento, máis dunha hora en cada un dos viaxes de ida e volta ó lugar de traballo desde o centro de traballo correspondente, utilizando medios ordinarios de transporte, o exceso aboaráselle a pro rata do salario de convenio.

Artigo 33º.-Pagamento de salario.

1. Tódalas percepcións, agás as de vencemento superior ó mes, aboaranse mensualmente, por períodos vencidos e dentro dos cinco primeiros días hábiles do mes seguinte ó do seu vencemento, aínda que o traballador terá dereito a percibir quincenalmente anticipos cunha contía non superior ó 90% das cantidades ás que ten dereito.

2. As empresas destinarán ó pagamento, a hora inmediatamente seguinte ó remate da xornada ordinaria, nas datas habituais do pagamento. Cando por necesidades organizativas se realice o pagamento dentro da xornada laboral, esta interromperase e prolongarase despois do horario de traballo investido no pagamento, sen que en ningún caso tal prolongación poida exceder en máis dunha hora.

3. O tempo investido no pagamento de retribucións e anticipos a conta destas, quedará exento do cómputo da xornada laboral, considerándose como de mera permanencia no centro de traballo e por tanto non retribuído a ningún efecto.

4. As empresas quedarán facultadas para paga-las retribucións e anticipos a conta destes, mediante cheque, transferencia ou outra modalidade de pagamento a través da entidade bancaria ou financeira. Se a modalidade de pagamento fose de cheque, o tempo investido na seu cobro será por conta do traballador.

5. O traballador deberá facilitar á empresa, no seu ingreso ou incorporación a esta, o seu número de identificación fiscal (NIF), de conformidade coa normativa aplicable ó respecto.

Artigo 34º.-Absorción e compensación.

Aplicarase o previsto no artigo 59 do convenio xeral do sector.

Artigo 35º.-Antigüidade consolidada.

Para efectos da consolidación que se establece no artigo 5, alínea a) do Acordo sectorial nacional da construcción (BOE do 21 de novembro de 1996), os traballadores manterán e consolidarán os importes ós que tivesen dereito na data do 21 de novembro de 1996 (anexo II).

Artigo 36º.-Gratificacións extraordinarias.

1. O traballador terá dereito exclusivamente a dúas gratificacións extraordinarias ó ano, que se aboarán nos meses de xuño e decembro, antes dos días 30 e 20 de cada un deles, respectivamente.

2. Os ditos pagamentos extraordinarios non se percibirán mentres duren as causas de suspensión de contrato previstas no artigo 45 do Estauto dos traballadores.

3. A contía dos pagamentos extraordinarios de xuño e Nadal serán iguais a unha mensualidade da táboa de salarios deste convenio maila antigüidade, se é o caso.

Artigo 37º.-Desgaste de ferramentas.

As empresas comprométense a facilitarlles ós traballadores as ferramentas de man necesarias para a realización do seu traballo.

Se o traballador observa demora na súa entrega reclamaraas.

O tempo de espera para a recepción das ferramentas reclamadas será considerado como tempo de traballo efectivo.

O traballador que, de acordo co empresario, achegue ferramentas da súa propiedade, terá dereito a percibir 0,56 euros por cada día de traballo efectivo en concepto de desgaste.

Artigo 38º.-Roupa de traballo.

A empresa deberá entregar ó persoal a roupa de traballo, axeitada á súa actividade, consistente nunha chaqueta e un pantalón ou funda, podendo figurar letreiros nun peto na súa parte dianteira e calzado axeitado á actividade que vai desenvolver en cada momento, cada seis meses.

Os traballadores devolverán a roupa vella ó causar baixa na empresa. De non facelo, a empresa poderá desconta-lo 50% do importe correspondente ó equipo da súa última entrega.

A empresa queda obrigada a facilitar a tódolos traballadores contratados esta roupa desde o momento da súa contratación.

Por cada xogo non entregado no prazo sinalado o traballador poderá reclamar da empresa a cantidade de 27,61 euros.

Entregaranse tamen aqueles elementos que esixe a actual ordenanza laboral da construcción.

Artigo 39º.-Horas extraordinarias.

1. As horas extraordinarias en todo caso, pola súa natureza serán voluntarias de acordo coas disposicións vixentes excepto as que teñan a súa causa na forza maior.

2. Consideraranse horas extraordinarias estructurais as motivadas por pedidos ou puntas de producción, ausencias imprevistas, cambio de quenda e perda ou deterioración da producción ou por calquera circunstancia de carácter estructural que altere o proceso normal da producción.

3. O número de horas extraordinarias que realice cada traballador, salvo nos supostos de forza maior non excederá de oitenta ó ano.

Artigo 40º.-Retribución das horas extraordinarias.

1. A retribución das horas extraordinarias determinarase seguindo os seguintes criterios:

a) As realizadas en día laborable sufrirán un incremento do 75 % sobre o valor da hora ordinaria.

b) as realizadas en día non laborable sufrirán un incremento do 100% sobre o valor da hora ordinaria.

O valor da hora ordinaria (VHO), calcularase de acordo coa seguinte fórmula:

VHO=(Sb+Ac)x14+Cs

1.760

SB=salario base.

AC=antigüidade consolidada.

CS=complementos salariais anuais.

2. Sempre e cando non se perturbe o normal proceso productivo, poderase optar entre aboa-las horas extraordinarias, conforme o previsto no punto 1 deste artigo, ou compensalas con tempo de descanso retribuído. Se se exerce esta última opción, por cada hora extraordinaria realizada nun día laborable haberá que compensa-lo traballador con 1 hora e 45 minutos de descanso retribuído; se a hora extraordinaria se realiza en día non laborable, a compensación regulamentaria será de 2 horas.

3. No caso de que o traballador teña horas de descanso acumuladas, o seu desfrute será sempre pactado entre o empresario e o traballador.

4. No suposto de que se realizase a opción do punto 2, as horas extraordinarias compensadas non se computarán para os efectos dos límites fixados para estas no punto 2º do artigo 68 do convenio xeral.

Artigo 41º.-Indemnizacións.

1. Establécense as seguintes indemnizacións para tódolos traballadores afectados por este convenio:

a) No caso de morte derivada de enfermidade común ou accidente non laboral, o importe dunha mensualidade de tódolos conceptos das táboas do convenio, vixente en cada momento.

b) No caso de morte, incapacidade permanente absoluta ou gran invalidez, derivadas de accidente de traballo ou enfermidade profesional:

Ano 2002: 36.000 euros.

Ano 2003: 38.000 euros.

c) No caso de incapacidade permanente total, derivada de accidente de traballo ou enfermidade profesional:

Ano 2002: 20.000 euros.

Ano 2003: 21.000 euros.

2. Salvo designación expresa de beneficiarios polo asegurado, a indemnización farase efectiva ó traballador accidentado ou, en caso de finamento, ós herdeiros legais do traballador.

3. As indemnizacións previstas nas alíneas b) e c) deste artigo consideradas a conta de calquera outra cantidade que puideran ser recoñecidas como consecuencia de responsabilidades civís sempre que non deriven de condenas penais esixidas ou impostas ó empresario, debendo deducirse destas en todo caso, tendo en conta a natureza civil que teñen estas e ambas partes lle recoñecen. Tampouco as ditas indemnizacións poderán servir como base para a imposición da recarga de prestacións por falta de medidas de seguridade e saúde no traballo.

4. Para os efectos de acredita-lo dereito ás indemnizacións aquí pactadas considerarase como data do feito causante aquela na que se produce o accidente de traballo ou a causa determinante da enfermidade profesional.

Artigo 42º.-Complemento de prestación de incapacidade temporal.

1. As empresas complementarán a prestación económica por incapacidade temporal ata o 100% da base de cotización do traballador nos seguintes casos e durante o tempo que se indica para cada un.

a) IT derivada de accidente laboral ou enfermidade profesional, desde o primeiro día e ata a alta médica.

b) IT derivada de accidente non laboral ou enfermidade común:

-Con hospitalización: desde o primeiro día con un máximo de catro meses.

2. Enténdese por hospitalización, para os efectos do presente artigo, a permanencia en centro hospitalario durante un mínimo de 5 días ininterrompidos.

Artigo 43º.-Xornada.

1. A xornada ordinaria anual durante o período de vixencia do presente convenio será de 1.756 horas, segundo o calendario laboral anexo (anexo III).

2. A xornada ordinaria semanal será de 40 horas, de luns a venres, durante toda a vixencia do presente convenio.

3. Os traballadores teñen dereito a un paro de 15 minutos durante a mañá para toma-lo bocadillo segundo as necesidades do servicio.

4. Tendo en conta as condicións climatolóxicas e as necesidades das distintas actividades do sector, poderíase pactar nas empresas, a distribución variable da xornada máxima anual, sen que en ningún caso se poidan pasa-las nove horas diarias, nin as corenta horas semanais de traballo efectivo.

5. Para adapta-la xornada ás 1.756 horas acordadas para o ano 2002, os días 12 de febreiro, 18 de marzo, 26 de xullo, 16 de agosto, 31 de outubro, 24, 30 e 31 de decembro, terán a consideración de festivos e aboables para tódolos efectos.

6. Ademais dos días sinalados anteriormente, nos seguintes concellos, por coincidi-lo festivo local con día non laborable, fíxanse os seguintes festivos:

-Baiona, 22 de xullo.

-Covelo e A Lama, 29 de xullo.

-Salvaterra, 12 agosto.

-Arbo, Caldas de Reis, Gondomar, Mondariz, Tomiño, Vigo, Cuntis e Vilagarcía, 19 de agosto.

-O Rosal, Salceda de Caselas, Tui, Valga, Vilaboa, Illa de Arousa, 4 horas do 23 de decembro.

7. En cada centro de traballo a empresa exporá nun lugar visible o calendario laboral pactado no convenio ou o pactado no propio centro de traballo.

Artigo 44º.-Prolongación da xornada.

O traballo dos operarios con funcións de mantemento e reparación de instalacións ou maquinaria, necesarias para o inicio ou continuidade do proceso productivo, así como do persoal que poña en marcha ou peche o traballo dos demais, poderá prolongarse polo tempo necesario, sen que o exceso sobre a xornada ordinaria se compute como horas extraordinarias, debendo aboarse, como mínimo, a pro rata do valor da hora extraordinaria do traballo.

Artigo 45º.-Vacacións.

1. O persoal afectado polo presente convenio, sexa cal fora a súa modalidade de contratación laboral, terá dereito ó desfrute dun período de vacacións retribuídas de trinta días naturais de duración, dos cales, como mínimo 21 días serán laborables, iniciándose, en calquera caso, o seu desfrute en día laborable.

2. As vacacións desfrutaranse por anos naturais. O primeiro ano de prestación de servicios na empresa só se terá dereito ó desfrute da parte proporcional correspondente ó tempo realmente traballado durante o dito ano.

3. O dereito a vacacións non é susceptible de compensación económica. Non obstante, o persoal que non continúe durante o transcurso do ano, terá dereito ó aboamento do salario correspondente á parte de vacacións que lle corresponden e non desfrutadas, como concepto integrante da liquidación pola súa baixa na empresa, aínda que as vacacións devengadas, en parte correspondan ó ano natural anterior.

4. Para efectos do dereito de vacacións, considerarase como tempo efectivamente traballado o correspondente á situación de incapacidade laboral transitoria, sexa cal fora a causa. Sen embargo, dado que o dereito ó desfrute de vacacións caduca co transcurso do ano natural, perderase este se ó vencemento deste o traballador continuase de baixa, aínda que manterá o dereito a percibi-la diferencia entre a retribución de vacacións e a prestación de IT.

5. Unha vez iniciado o desfrute do período regulamentario de vacacións, se sobrevén a situación de incapacidade temporal, a duración desta computarase como días de vacacións sen prexuízo do dereito do traballador a percibi-la diferencia entre

a retribución correspondente a vacacións e a prestación de IT.

Se a IT se producise despois de pactada a data do inicio para o desfrute individual das vacacións e antes de chega-la dita data, o traballador manterá o dereito a desfrutar das vacacións ata o transcurso do ano natural acordándose un novo período de desfrute despois de producirse a alta da IT.

6. O desfrute das vacacións, como norma xeral e salvo pacto en contrario, terá carácter ininterrompido.

7. A retribución das vacacións consistirá na cantidade fixa establecida na táboa salarial.

Artigo 46º.-Permisos e licencias.

O traballador, logo de aviso de corenta e oito horas polo menos, salvo acreditada urxencia, e xustificación posterior, está facultado para ausentarse do traballo, mantendo o dereito á percepción de todos aqueles conceptos retributivos que non estean vinculados de forma expresa á prestación efectiva laboral, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) Quince días naturais en caso de matrimonio.

b) Cinco días naturais por nacemento ou adopción dun fillo.

c) Cinco días naturais por falecemento do cónxuxe.

d) Tres días naturais por falecemento de fillos, pais ou avós dun ou outro cónxuxe.

e) Un día por matrimonio de fillos.

f) Dous días naturais por falecemento de netos ou irmáns dun ou doutro cónxuxe. Nestes casos e nos dos alíneas d) e e), cando o traballador precise facer un desprazamento para o efecto, o prazo podería ampliarse a 5 días.

g) Tres días naturais, por enfermidade grave do cónxuxe e parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

h) Dous días por traslado do domicilio habitual.

i) Polo tempo necesario para concorrer a exames, como consecuencia dos estudios que estea realizando en centros de ensino, universitarios ou de formación profesional de carácter público ou privado, recoñecidos.

j) Consulta ó médico:

1. Médico especialista: polo tempo necesario, cun máximo de cinco horas ó día.

2. Médico de cabeceira: ata un máximo de catro saídas anuais, sen que as ausencias poidan supera-las 16 horas ó ano.

k) Os traballadores afectados polo presente convenio terán dereito a dispor dun día anual non retribuído. Para dispor do dito día deberá ser solicitado por escrito á empresa con alomenos cinco días de antelación. A empresa terá a obriga de concede-lo día calquera que sexa a causa alegada para a súa petición.

As licencias ás que se refiren as alíneas c) e g) do presente artigo, aplicaranse cos mesmos efectos naqueles casos nos que aínda non existindo unión matrimonial, se manteña unha relación análoga, sempre que se acredite unha efectiva convivencia de parella.

Artigo 47º.-Formación continua.

Para aqueles traballadores que asistan a accións formativas presenciais correspondentes á convocatoria da Forcem 1999, xestionadas pola Fundación Laboral da Construcción, o 50% das horas que precise esa acción será dentro da xornada laboral ou deduciranse dela na dita porcentaxe, sempre que se dean as seguintes condicións:

a) A empresa poderá denega-la asistencia dun traballador a unha acción formativa, mediante resolución motivada por razóns técnicas, organizativas ou de producción. No caso de denegación o traballador poderá recorrer diante da comisión territorial da Fundación Laboral da Construcción.

b) Os traballadores que poidan asistir ás accións formativas contempladas neste artigo non superarán anualmente nin o 10% do cadro de persoal, nin, naqueles centros de traballo con menos de 10 traballadores poderá concorrer máis dun.

c) O 50% das horas a cargo da empresa suporá un máximo anual de 20 horas por traballador, podéndose distribuír nunha ou varias acción formativas.

d) O traballador solicitante deberá ter superado o período de proba e ter, en todo caso, unha antigüidade mínima dun mes na empresa.

e) Durante as horas formativas, o traballador terá dereito ó salario que lle corresponda como se estivera traballando en xornada ordinaria.

f) O traballador terá que acreditar diante da empresa a asistencia á correspondente acción formativa.

g) Os permisos individuais de formación, recollidos no II Acordo nacional de formación continua, rexeranse polo disposto nel.

Artigo 48º.-Axudas de custo por desprazamento.

1. A axuda de custo é un concepto extrasalarial de natureza indemnizatoria ou compensatoria e de carácter irregular, que ten coma finalidade o resarcimento ou compensación dos gastos de manutención e aloxamento do traballador ocasionados como consecuencia da situación de desprazamento.

2. O traballador percibirá axuda de custo completa, cando, como consecuencia do desprazamento non poida pernoitar na súa residencia habitual. Farase efectiva sempre por día natural.

3. Cando o empresario organice e custee a manutención e aloxamento do persoal desprazado, sempre que reúna as condicións esixibles e suficientes, só satisfará o 20% da axuda de custo completa.

4. Pagarase media axuda de custo cando, como consecuencia do desprazamento o traballador afec

tado teña necesidade de realiza-la comida fóra da súa residencia habitual, non lle fose subministrada pola empresa e poida pernoitar na citada residencia. A media axuda de custo farase efectiva por día efectivo traballado.

5. As axudas de custo ou medias axudas de custo percibiranse sempre con independencia da retribución do traballador e nas mesmas datas que esta; pero nos desprazamentos de máis dunha semana de duración, aquel poderá solicitar anticipos quincenais a conta, e a xustificar sobre as mencionadas axudas de custo.

6. A axuda de custo completa non se pagará nos casos de suspensión legal do contrato de traballo, salvo nos casos de incapacidade temporal, nos que a empresa manteña o desprazamento.

7. A contía das axudas de custo será a seguinte:

-Axuda de custo completa: 21,91 euros.

-Media axuda de custo: 7,82 euros.

Se por circunstancias especiais os gastos orixinados exceden o importe das axudas de custo, o exceso deberá ser pagado pola empresa, logo de coñecemento dela e posterior xustificación do traballador.

Artigo 49º.-Liquidación.

1. O recibo de liquidación da relación laboral entre empresa e traballador, para que produza plenos efectos liberatorios, deberá ser conforme o modelo que figura como anexo IV deste convenio, e cos requisitos e formalidades establecidos nos números seguintes.

2. Toda comunicación de cesamento ou de aviso previo de cesamento, deberá ir acompañado dunha proposta de liquidación no modelo citado. Cando se utilice como proposta, non será preciso cubri-la parte que figura despois da data e lugar.

3. O recibo de liquidación será expedido pola Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Pontevedra (APEC), numerado, selado e datado e terá validez unicamente dentro dos quince días naturais seguintes á data na que foi expedido. APEC, virá obrigada a levar rexistro que conteña os datos anteriormente expresados.

4. Unha vez asinado polo traballador, este recibo de liquidación producirá os efectos liberatorios que lle son propios.

5. Nos supostos de extinción de contrato por vontade do traballador, non serán de aplicación os puntos 2 e 3 deste artigo.

6. O traballador poderá estar asistido por un representante dos traballadores, ou no seu defecto por un representante sindical dos sindicatos asinantes do presente convenio, no acto da sinatura o recibo de liquidación.

Artigo 50º.-Xubilación.

1. Recoñécense dúas clases distintas de xubilación, como medidas para fomenta-lo emprego.

A) Xubilación forzosa.

Como política de fomento do emprego e por necesidades do mercado de traballo no sector, establécese a xubilación forzosa ós sesenta e cinco anos de idade, salvo pacto individual en contrario, dos traballadores que teñan cuberto o período mínimo legal de carencia para obtela.

B) Xubilación anticipada.

Aplicarase o disposto ó respecto na lexislación vixente en cada momento.

Artigo 51º.-Dereitos sindicais.

1. As empresas considerarán ós sindicatos debidamente implantados no cadro de persoal como elementos básicos e consubstanciais para afrontar, a través deles, as necesarias relacións entre traballadores e empresarios.

2. As empresas respectarán o dereito de tódolos traballadores a sindicarse libremente. Non poderá condiciona-lo emprego dun traballador á condición de que non se afilie ou renuncie á súa afiliación sindical.

3. A empresa non poderá despedir a un traballador nin prexudicalo de calquera outra forma a causa da súa afiliación ou actividade sindical.

4. As empresas recoñecen o dereito dos traballadores afiliados a un sindicato de celebrar reunións, recadar cotas e distribuír información sindical fóra de horas de traballo sen perturba-la actividade normal. Os sindicatos poderán remitir información a todas aquelas empresas nas que se dispoña de suficiente e apreciable afiliación, a fin de que esta sexa distribuída fóra das horas de traballo e sen que, en todo caso, o exercicio de tal práctica poida interrompe-lo desenvolvemento do proceso productivo.

5. As empresas, nos centros de traballo con máis de 100 traballadores, recoñecerán ás centrais sindicais ou sindicatos que posúan neles, unha afiliación superior ó 15% do cadro de persoal, un delegado sindical.

6. A central ou sindicato que prentenda tal recoñecemento debe acreditar ante a empresa de modo fidedigno o nivel de afiliación requirido. Acto seguido, a empresa recoñecerá ó delegado citado a súa condición de representante do sindicato para tódolos efectos.

7. O delegado sindical deberá ser traballador en activo das respectivas empresas e designado de acordo cos estatutos da central ou sindicato a quen represente.

Serán preferentemente membros do comité de empresa.

8. O delegado sindical ten as seguintes funcións:

a) Representar e defende-los intereses do sindicato a quen representa e dos afiliados a este na empresa e servir de instrumento de comunicación entre a súa central sindical e a dirección das respectivas empresas.

b) Asistir ás reunións do comité de empresa, comités de seguridade e hixiene no traballo e comités paritarios de interpretación, con ou sen voto e sempre que tales órganos admitan previamente a súa presencia.

c) Terán acceso á mesma información e documentación da empresa que esta deba pór a disposición do comité de empresa de acordo co regulado a través da lei, estando obrigados a gardar sixilo profesional nas materias nas que legalmente proceda.

d) Serán escoitados pola empresa no tratamento daqueles problemas de carácter colectivo que afectan ós traballadores en xeral e ós afiliados ó sindicato.

9. Serán, así mesmo, informados e escoitados pola empresa con carácter previo.

a) Respecto dos despedimentos e sancións que afectan ós traballadores afiliados ó sindicato.

b) En materia de reestructuración do cadro de persoal, regulacións de emprego, traslado de traballadores, cando revista carácter colectivo ou do centro de traballo en xeral e sobre proxecto ou acción empresarial que poida afectar substancialmente ós intereses dos traballadores.

c) A implantación ou revisión do sistema de organización do traballo e calquera das súas posibles consecuencias.

10. Poderán recadar cotas dos seus afiliados, repartir propaganda sindical e manter reunións con estes, sempre que o fagan fóra das horas efectivas de traballo.

11. Coa finalidade de facilita-la difusión daqueles avisos que puideran interesar ós respectivos afiliados ó sindicato e ós traballadores en xeral, a empresa porá a disposición do sindicato do que teña representación o dito delegado, un taboleiro de anuncios que deberá establecerse dentro da empresa e no lugar donde se garanta na medida do posible un adecuado acceso a este para tódolos traballadores.

12. En materia de reunións, ámbalas dúas partes, en canto ó procedemento se refire, axustarán a súa conducta á normativa legal vixente.

O delegado sindical terá as mesmas garantías e dereitos recoñecidos pola lei e os convenios colectivos que os membros do comité de empresa.

En tódolos centros en que sexa materialmente factible, a dirección da empresa facilitará a utilización dun local co fin de que o delegado representante do sindicato exerza as funcións e tarefas que como tal lle correspondan.

Os delegados limitarán as súas tarefas á realización das funcións sindicais que lle son propias.

13. Naqueles centros que posúan un cadro de persoal superior a 250 traballadores, a dirección da empresa facilitará a utilización dun local, co fin de que o delegado representante do sindicato exerza as súas funcións e tarefas que como tal lle correspondan.

Artigo 52º.-Garantías.

a) Ningún membro do comité de empresa ou delegado de persoal poderá ser despedido ou sancionado durante o exercicio das súas funcións, nin dentro do ano seguinte ó seu cesamento, agás que este se produza por revogación ou dimisión, sempre que o despedimento ou a sanción se basee na actuación do traballador no exercicio legal da súa representación. Se o despedimento ou calquera outra sanción por suposta falta grave ou moi grave obedecese a outras causas deberá tramitarse expediente contradictorio no que serán escoitados á parte do interesado, o comité de empresa ou restantes delegados de persoal e o delegado do sindicato ó que pertenza no suposto de que estivera recoñecido como tal na empresa.

Terán prioridades de permanencia na empresa ou centro de traballo respecto ós demais traballadores nos supostos de suspensións ou extinción por causas tecnolóxicas ou económicas.

b) Non poderán ser discriminados na súa promoción económica ou profesional por causa ou razón do desempeño da súa representación.

c) Poderán exerce-la liberdade de expresión no interior da empresa nas materias relativas á súa representación podendo publicar ou distribuír sen perturba-lo normal desenvolvemento do proceso productivo aquelas publicacións de interese laboral ou social, comunicándoo previamente á empresa e exercendo tales tarefas de acordo coa norma legal vixente para o efecto.

d) Disporán do crédito de horas mensuais retribuídas que a lei determina. Os delegados sindicales de acordo co sindicato ó que pertenzan terán dereito á acumulación de horas retribuídas para o exercicio das súas funcións nun ou en varios deles sen excede-lo máximo total de horas legalmente establecidas.

e) Sen excede-lo máximo legal poderán ser consumidas as horas retribuídas de que dispoñan os membros do comité ou delegados de persoal, co fin de preve-la súa asistencia a cursos de formación organizados polos seus sindicatos, institutos de formación e outras entidades.

f) Os comités de empresa e representantes dos traballadores serán informados sobre a implantación ou revisión de sistemas de organizacións de traballo e calquera das súas posibles consecuencias: estudios de tempos, establecementos de sistemas de primas ou incentivos e valoración de postos de traballo.

g) En todo o non regulado expresamente neste convenio en materia de dereitos e garantías sindicais aplicarase o disposto no Estatuto dos traballadores e na Lei orgánica de liberdade sindical.

Artigo 53º.-Prácticas antisindicais.

En canto ós supostos de prácticas que a xuízo dalgunha das partes poida cualificar de antisindicais aplicarase o disposto nas leis.

Artigo 54º.-Seguridade e saúde no traballo.

1. As partes asinantes acordan constituí-la comisión paritaria sectorial de seguridade e hixiene, integrada por seis representantes de APEC, dous representantes de MCA-UGT, dous representantes de FECOMA-CC.OO., e dous representantes de FCM-CIG.

Serán funcións desta comisión:

-Solicitar do Ministerio de Traballo e do Goberno Autónomo o recoñecemento oficial como interlocutor social sectorial en materia de seguridade e hixiene, tanto no seu aspecto lexislativo como no desenvolvemento de planos e medidas formativas.

-Estudiar e acorda-los mecanismos oportunos de coordinación da información provincial en materia de sinestralidade no sector, que subministrarán as comisións específicas provinciais ou, no seu defecto, as comisións paritarias dos convenios.

-Promover cantas medidas considere tendentes a mellora-la situación do sector nesta materia, tendo como obxectivo fundamental estende-la preocupación pola seguridade a tódolos niveis, fomentando campañas de mentalización, etc.

-Acomete-las xestións necesarias para obte-los medios que lle permitan desenvolve-las súas funcións coa eficacia adecuada.

-Cantas outras funcións acorde a propia comisión atribuírse, encamiñadas ós seus fins.

Esta comisión reunirase unha vez cada tres meses, por proposta de calquera das partes e será citado un representante da Administración laboral.

2. Dado que o sector da construcción se dotou dun instrumento paritario (a FLC), para dar servicios a empresas e traballadores -e entre outros en materia de prevención e saúde laboral- as partes asinantes acordan que a FLC desenvolva os planos e accións necesarios para promove-lo cumprimento da Lei de prevención de riscos laborais.

Artigo 55º.-Delegados de prevención.

1. Os delegados de prevención son os representantes dos traballadores con funcións específicas en materia de prevención de riscos no traballo.

2. Os delegados de prevención serán designados por e entre os representantes do persoal, no ámbito dos órganos de respresentación previstos nas normas ás que se refire o artigo anterior, de acordo coa seguinte escala:

De 50 a 100 traballadores: 2 delegados de pre-

vención.

De 101 a 500 traballadores: 3 delegados de pre-

vención.

De 501 a 1.000 traballadores: 4 delegados de pre-

vención.

De 1.001 a 2.000 traballadores: 5 delegados de pre-

vención.

De 2.001 a 3.000 traballadores: 6 delegados de pre-

vención.

De 3.001 a 4.000 traballadores: 7 delegados de pre-

vención.

De 4.001 en diante: 8 delegados de prevención.

Nas empresas de ata trinta traballadores o delegado de prevención será o delegado de persoal. Nas empresas de trinta e un a corenta e nove traballadores haberá un delegado de prevención que será elixido por e entre os delegados de persoal.

3. Para efectos de determina-lo número de delegados de prevención teranse en conta os seguintes criterios:

a) Os traballadores vinculados por contratos de duración determinada superior a un ano computaranse como traballadores fixos do cadro.

b) Os contratados por termo de ata un ano computaranse segundo o número de días traballados no período dun ano anterior á designación. Cada douscentos días traballados ou fracción computaranse como un traballador máis.

4. Creación dun órgano específico de carácter paritario dentro da FLC, segundo o previsto no artigo 35.4º, parágrafo 2º da Lei de prevención de riscos laborais, para todas aquelas empresas onde non existan delegados de prevención.

Artigo 56º.-Comisión paritaria provincial de formación profesional.

As partes asinantes acordan constituí-la comisión paritaria sectorial de formación profesional, inte-

grada por seis representantes de APEC, dous re-

presentantes de MCA-UGT, dous representantes de FECOMA-CC.OO. e dous respresentantes de FCM-CIG.

Serán funcións desta comisión:

-Requirir das administracións públicas e dos organismos comunitarios competentes, o recoñecemento oficial desta comisión como interlocutor social sectorial que reciba a información existente sobre programas e cursos de formación profesional con financiación oficial que afecten ó sector da construcción e que colabore co desenvolvemento, tanto dos que xa están en marcha como dos que poidan iniciarse en adiante.

-Elabora-los estudios pertinentes de necesidades e requirimentos de formación profesional no sector para chegar a defini-la organización e programación desta, tanto ocupacional como regrada (observatorio ocupacional).

-Elabora-los planos formativos necesarios para acada-la homologación das cualificacións profesionais de traballadores técnicos administrativos e manuais coas equivalentes na Comunidade Económica Europea, con vistas á entrada en vigor do mercado único.

-Elaborar un plan ó rematar cada ciclo formativo dos cursos impartidos pola Fundación Laboral da Construcción, coa finalidade de ir incorporando paulatinamente ás empresas aqueles alumnos que finalicen o curso con aproveitamento.

-Cantas outras funcións a propia comisión acorde atribuírse encamiñadas ó desenvolvemento e mellora da formación profesional no sector en tódolos ámbitos territoriais.

Artigo 57º.-Solución extraxudicial de conflictos laborais.

As partes asinantes asumen o contido do Acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflictos de traballo (AGA), publicado no DOG do 8 de abril de 1992, que desenvolverán os seus efectos nos ámbitos do presente convenio, co alcance previsto no propio AGA.

Disposición derradeira

No non disposto no presente convenio colectivo, aplicarase o establecido no convenio xeral do sector, publicado no BOE do 10 de agosto de 2002, e demais normas de xeral aplicación.

Disposicións adicionais

Primeira.-O presente convenio colectivo redactarase nas dúas linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia e publicarase na mesma forma no BOP de Pontevedra.

Segunda.-Os traballadores teñen dereito a desenvolve-la súa actividade laboral profesional en lingua galega recoñecendo, desta maneira, a empresa, a oficialidade de dita lingua e os dereitos lingüísticos dos traballadores recollidos na lei.

No seo da empresa, a dirección e os representantes dos traballadores fomentarán o uso da lingua galega.

ANEXO

Sobre seguridade e saúde no traballo

Limiar:

De conformidade co disposto na disposición derradeira primeira do convenio xeral do sector da construcción, asinado con data 21 de outubro de 1997, por FECOMA-CC.OO., e subscrito por FEMCA-UGT o día 28 de xaneiro de 1988, a FLC definiu as liñas dun plan de actuación para promove-la aplicación da Lei de prevención de riscos laborais no sector.

Para os efectos de dar pleno consentimento ó previsto na dita disposición derradeira faise necesario traslada-lo dito plan de actuación ó correspondente anexo para a súa incorporación ó convenio.

Segundo a citada disposición derradeira primeira, desde a FLC desenvolveranse os plans e as accións necesarios para a prevención de riscos laborais no sector, nos termos que se concretan no presente anexo.

1. Principios xerais.

Con respecto ás actividades formativas e informativas ou de calquera outro tipo a realizar pola FLC, en ralación co mellor cumprimento da Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais, e os regulamentos que a desenvolven, estas actuacións nunca eximirán o empresario e o traballador da súa responsabilidade e do cumprimento das súas obrigas nos termos que fixa a lei.

Os medios, procedementos, materiais e accións que se empreguen e desenvolvan na FLC en seguridade e saúde laboral dedicaranse a difundir, coordinar e colaborar en métodos e procesos que faciliten o mellor e maior cumprimento da lei e os seus regulamentos polos empresarios e traballadores do sector.

As accións e actuacións que se realizarán en relación cos contidos da Lei 31/1995, no sector da construcción en todo o territorio nacional. Á FLC correspóndelle se-lo fío conductor dos principios e directrices que se van desenvolver para que de forma equivalente se establezan os mesmos niveis de aplicación e cumprimento en cada un dos consellos territoriais.

Dadas as condicións en que se atopa o sector polas súas específicas características, a FLC débese dotar dos instrumentos axeitados para que, cumpríndose os contidos da lei, se consiga a diminución continua dos índices de sinistralidade.

As accións que hai que elaborar estarán dirixidas prioritariamente ó empresario, por se-la figura fundamental na implantación do sistema de xestión preventivo e na formación e información dos traballadores.

2. Información.

2.1. Información sectorial.

A accidentalidade no sector da construcción, que é motivo dunha constante preocupación de tódalas partes, fai necesario que por parte da FLC se desenvolva unha actividade de información nos termos seguintes:

a) Necesidade do cumprimento das normas en materia de prevención e seguridade.

b) A información debe incidir en que os traballos nalgunhas actividades da construcción son de alto risco.

c) Elaboración dun programa de estatísticas para o sector; considérase fundamental proprocionarlle ó sector en tempo real os datos de accidentalidade e poder determina-las accións que hai que aplicar.

d) Información periódica das actividades da FLC, control de resultados parciais e grao de cumprimento dos obxectivos.

e) Á vista das anteriores campañas de información, realizarase un estudio por expertos respecto á estratexia que se empregará para fomentar unha comunicación efectiva; en función deste traballo, levaranse a cabo o deseño e a realización de plans e métodos de información que garantan a captación e asimilación das mensaxes, así como a evolución e control de resultados.

2.2. Primeiro ciclo de aula permanente da FLC.

Considérase como método máis idóneo para a implantación de accións en materia de información sobre prevención de riscos laborais, o do primeiro ciclo de aula permanente da FLC.

Os métodos e contidos das materias impartidas nas aulas permanentes teñen que ser similares e homoxéneos, os obxectivos análogos e os resultados equivalentes, en tódolos consellos territoriais da FLC.

O primeiro ciclo da aula permanente constará de dous tipos de accións en materia de información sobre prevención de riscos na construcción: as primeiras comprenderán información xeral sobre os riscos do sector e conterán os principios básicos e conceptos xerais sobre a materia; igualmente deberán acadar unha actitude de interese pola seguridade que incentive o alumnado para inicia-los cursos do segundo ciclo; as segundas deberán transmitir coñecementos e normas específicas.

A información xeral básica impartida na aula permanente non exime o empresariado da súa obriga de informa-lo traballador dos riscos específicos no centro e no posto de traballo.

2.3. Aulas móbiles.

Estímase que un procedemento eficaz para informar nas propias obras sobre as materias de prevención de riscos consiste en dispor de aulas móbiles nas que estarían incorporados tódolos materiais, equipos audiovisuais e demais elementos didácticos.

3. Formación.

A FLC debe homoxeneizar en todo o territorio nacional os plans e contidos da formación que imparta en materia de prevención, seguridade e saúde laboral.

Excepcionalmente, no caso de situacións de obras e centros con características específicas, logo de consulta, coordinación e colaboración da FLC estatal, poderanse elaborar actividades e contidos complementarios para a formación nesa materia.

3.1. Segundo ciclo aula permanente da FLC.

3.1.2. Con carácter inicialmente enunciativo, pero non limitativo, recóllense a continuación aqueles cursos que, sendo voluntarios para as empresas, serán impartidos pola FLC.

Os contidos por categorías que se impartirán serán os seguintes:

a) Xerentes de empresas.

1. Integración da prevención na xestión da empresa.

2. Responsabilidades e obrigas.

3. Organización e planificación.

4. Custos da accidentalidade e rendibilidade da prevención.

5. Lexislación e normativa básica en prevención.

Duración mínima do módulo: 10 horas.

b) Reponsables de obra e técnicos de execución.

1. Prevención de riscos. Os cinco bloques de riscos en obras.

2. Técnicas preventivos.

3. Estudios e planos de seguridade. Calendarios e fases de actuacións preventivaas.

4. Órganos e figuras participativas.

5. Dereitos e obrigas dos traballadores.

6. Lexislación e normativa básica de prevención.

Duración mínima do módulo: 15 horas.

c) Mandos intermedios.

1. Integración da prevención na producción. O risco no posto de traballo: a súa avaliación e tratamento.

2. Os cinco bloques de riscos. Ordes de traballo.

3. Modalidades de accidentes. Técnicas preventivas.

4. Plan de seguridade. Memoria básica de prevención.

5. Zonas de riscos graves e con perigosidade específica.

6. Coordinación das subcontratas.

7. Primeiros auxilios e plans de emerxencias.

8. Órganos e figuras participativas.

Duración do módulo: 15 a 20 horas.

d) Delegados de prevención.

1. Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo.

2. Riscos xerais e específicos na obra: a súa prevención.

3. Elementos básicos de xestión da prevención de riscos laborais.

4. Primeiros auxilios e planos de emerxencias.

Duración do módulo: 50 horas.

e) Nivel específico por oficios.

1. Técnicas preventivas de oficio e función.

2. Medios, equipos e ferramentas.

3. Interferencias nas actividades.

4. Dereitos e obrigas.

Duración do módulo: 20 horas.

f) Nivel básico xeral.

1. Conceptos básicos sobre a organización elemental da prevención.

2. Técnicas preventivas elementais sobre riscos xenéricos e prevención destes na execución das obras de construcción.

3. Primeiros axilios e plans de emerxencia.

Duración do módulo: 10 horas.

Os profesores/monitores deben ser persoas expertas no sector da construcción para que o ensino sexa realmente válido e útil.

A FLC incluirá na cartilla profesional os cursos que cada traballador teña acreditados.

4. Órgano específico.

Creación dun órgano específico de carácter paritario dentro da FLC, segundo o previsto no artigo 35.4º, parágrafo 2ª da Lei de prevención de riscos laborais, para todas aquelas empresas onde non existan delegados de prevención.

5. A FLC e os servicios de prevención.

A FLC prestará servicios de asesoría en tódalas actividades de sevicios de prevención cando lle sexan solicitados polas empresas.

Os consellos territoriais poderán contactar coa autoridade laboral no seu ámbito para que lles facilite o acceso ó censo de entidades acreditadas como servicios de prevención, como unha garantía máis para o desenvolvemento eficaz das súas actuacións.

6. Fundación adscrita á comisión nacional de seguridade e saúde no traballo.

De acordo co previsto na disposición adicional quinta da Lei de prevención de riscos laborais, a FLC desenvolverá, dentro do seu ámbito de actuación, os obxectivos e fins establecidos na dita disposición en coordinación coa fundación que para tal efecto se cree.

7. Actuacións para mellora-lo coñecemento do sector.

A FLC deberá realizar un estudio que permita un mellor coñecemento das empresas do sector en canto á súa estructura e capacidade de prevención en seguridade e saúde laboral para aborda-las distintas obras.

Así mesmo, deberá implantar un centro servidor de datos que subministre información o máis completa posible sobre tódolos temas relacionados coa prevención de riscos.

8. Maquinaria e equipos.

A FLC promoverá a utilización de maquinaria e equipos auxiliares de construcción homologados de acordo coa normativa comunitaria europea.

9. Colaboracións externas.

As partes consideran conveniente que, nas materias contidas no presente anexo, a FLC complemente as súas actuacións coa colaboración das mutuas de accidentes.

10. Interpretación do anexo.

Formando o presente anexo parte integrante do convenio xeral do sector de construcción, calquera discrepancia, dúbida ou interpretación que xurda en relación con este, será sometida, con carácter ineludible, á comisión paritaria do convenio.

Táboa de niveis

Nivel Categoría

IIPersoal titulado superior.

IIIPersoal titulado medio, xefe administrativo 1ª, xefe sección organización 1ª.

IVEncargado xeral, xefe de persoal, axudante de obra, encargado xeral de fábrica.

VEncargado xeral de obra, xefe administrativo de 2ª, delineante superior, xefe de sección de organización científica do traballo de 2ª, xefe de compras.

VIDelineante de 1ª, xefe ou encargado de taller, encargado de sección de laboratorio, escultor de pedra e mármol, práctico de topografía de 1ª, técnico de organización de 1ª.

VIICapataz, delineante de 2ª, técnico de organización de 2ª, práctico de topografía de 2ª, analista de 1ª, viaxante, especialista de oficio.

VIIIOficial de oficio de 1ª, oficial administrativo de 1ª, corredor de praza, inspector de control, sinalización e servicios, analista de 2ª.

IXOficial de oficio de 2ª, oficial administrativo de 2ª, axudante topográfico, auxiliar de organización, vendedores, conserxe.

XAuxiliar administrativo, especialista de 1ª, auxiliar de laboratorio, vixilante, almaceneiro, enfermeiro, cobrador, garda-xurado, axudantes de oficio.

XIPeón especializado, especialista de 2ª.

XIIPeón ordinario, limpador/a.

XIIPinches e/ ou aprendices de 16 e 17 anos, mozo dos recados.

ANEXO I

Táboa de salarios 2002

NivelSalario 14Compl. extrasalariaisTotal anualHora extra sen

pagas iguaisDíaMescomplementos

II1.102,603,5470,8016.215,2015,38

III-IV863,383,5470,8012.866,1212,05

V805,773,5470,8012.059,5811,24

VI781,473,5470,8011.719,3810,90

VII778,713,5470,8011.680,7410,86

VIII7773,5470,8011.656,8010,84

IX763,923,5470,8011.473,6810,66

X749,243,5470,8011.268,1610,45

XI-XII741,263,5470,8011.156,4410,34

XIII506,103,5470,807.864,20

ANEXO II

Antigüidade consolidada á data 21-11-1996

Nivel2 anos3 anos4 anos5 anosSumar cada ano máis

II15,5323,3031,0637,276,21

III-IV11,9717,9523,9328,724,78

V11,1116,6722,2326,674,45

VI10,7516,1321,5025,814,30

VII10,7116,0721,4225,714,29

VIII10,6916,0321,3725,654,27

IX10,4915,7320,9825,174,20

X10,2715,4120,5424,654,11

XI-XII10,1515,2320,3024,374,06

ANEXO IV

Modelo de recibo de liquidación da relación laboral

Nº...

Recibo de liquidación:

Don/a..., que traballou na empresa... desde... ata..., coa categoría de..., declaro que recibín desta a cantidade de... euros en concepto de liquidación total pola miña baixa na empresa.

Quedando así indemnizado e liquidado, por tódolos conceptos que puidesen derivarse da relación laboral que unía as partes e que queda extinguida, manifestando expresamente que máis nada teño que reclamar, estando de acordo en iso coa empresa.

En..., ... de... de...

O/a traballador/a

O traballador (1)... usa do seu dereito a que estea presente na sinatura un representante legal seu na empresa, ou, no seu defecto, un representante sindical dos sindicatos asinantes do presente convenio.

(1) si ou non.

Este documento ten unha validez de quince días naturais, contados desde a data da súa expedición.

Expedido por...

Data da expedición...

Selo e sinatura.

Este recibo non terá validez sen o selo e sinatura da organización empresarial correspondente, ou se se formaliza en fotocopia ou noutro medio de reproducción.

ANEXO V

Empresa...

Traballador...

Categoría...

De conformidade co estipulado no artigo 28 do convenio xeral do sector da construcción vixente, subscrito con data do 12 de xuño de 2002, de común acordo coa empresa..., o traballador acepta presta-los seus servicios no centro de traballo... a partir do día... de... de 20....

E para que así conste, ámbalas dúas partes asinan o presente acordo en... o ... de... de 20...

O/A traballador/aA empresa

ANEXO VI

Notificación de subcontrata na actividade

de construcción e obras públicas

A empresa..., con enderezo en..., CIF ou NIF... e código de conta de cotización á Seguridade Social... notifica á empresa..., con enderezo en..., e á Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social de... que con data... ten subcontratado os traballos de... na obra de..., sita en..., coa empresa..., con enderezo en..., CIF ou NIF... e código de conta de cotización á Seguridade Social..., na que a ultimamente citada empresa ten previsto empregar un número aproximado de... traballadores por conta allea, coas categorías e especialidades de...

... o ... de... de...

Sinatura e selo

Asdo...

DNI...

Por triplicado

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE