Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 12 de novembro de 2002 Páx. 15.896

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CAIXANOVA

ANUNCIO.

Ponse en coñecemento do público en xeral, que, de acordo coas condicións establecidas nas operacións crediticias a xuro variable formalizadas coa Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra, en función da posible alteración dos xuros para préstamos a 3 anos de determinados bancos (neste caso, do Santander Central Hispano, Bilbao Vizcaya Argentaria e Español de Crédito), o tipo de referencia para o ano 2003, resulta se-lo 8,833%, que é a media

aritmética simple dos mencionados tipos, declarados ó Banco de España o 30 de setembro de 2002.

Como consecuencia, o tipo de xuro nominal anual que se aplicará a cada unha das indicadas operacións crediticias, e desde a data sinalada no contrato correspondente de inicio da posible alteración, será o resultado da suma alxebraica do dito tipo de referencia e da marxe pactada.

Roberto Rodríguez Moreira

Subdirector-director de Administración e Control

do Risco Crediticio