Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 12 de novembro de 2002 Páx. 15.896

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

ANUNCIO, da Delegación de Cádiz, de notificacións pendentes.

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada no artigo 28 pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social (BOE número 313, do 31 de decembro) e tentada a notificación, sen que fose posible levala a efecto por causas non imputables á Administración tributaria, mediante o presente anuncio cítanse os suxeitos pasivos, obrigados tributarios ou representantes que se relacionan no anexo adxunto, para seren notificados por comparecencia, do inicio do procedemento de constrinximento, acto dictado polo órgano competente indicado, tratándose dun procedemento executivo.

Os interesados ou os seus representantes debidamente acreditados deberán comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución, de luns a venres, en horario de 9 a 14 horas, na Dependencia de Recadación da AEAT en Cádiz, sita na praza da Constitución, s/n, para efectos de practica-las notificación do citado acto.

Así mesmo, advírtese ós interesados ou ós seus representantes que, de non compareceren no mencionado prazo, se entenderá producida a notificación para tódolos efectos legais, desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Cádiz, 23 de setembro de 2002.

María Angustias Caballero Contreras

Xefa da Dependencia de Recadación

Datos do contribuínteConcepto/Descrición/Obx. trib.Clave liquidaciónImporteF. pro. cons.

31333121-Z

García Castellano, José Manuel

Avd. La Marina, 12, 1-A, Rota

C.H. Arquitecto Marcide nº factura 132C1100001150059592150,7321-5-2002