Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 12 de novembro de 2002 Páx. 15.894

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

EDICTO do 15 de outubro de 2002, da Dependencia Rexional de Inspección de Galicia, de notificación de providencia de constrinximento.

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificado polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, (BOE nº 313, do 31 de decembro) e tentada a notificación ó interesado ou ó seu representante por dúas veces, sen que fose posible levala a efecto por causas non imputables á Administración tributaria, ponse de manifesto, mediante o presente anuncio, que se encontran pendentes de notificar os actos dos que se especifica o interesado, o número de expediente e o procedemento.

En virtude do anterior, dispoño que os debedores indicados anteriormente ou os seus representantes debidamente acreditados deberán comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no boletín oficial que corresponda, de luns a venres, en horario de 9 a 14 horas, no lugar que para cada un se sinala para efecto de practica-la notificación do citado acto.

Así mesmo, advírtese ós interesados que, de non compareceren no mencionado prazo, se entenderá producida a notificación para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 15 de outubro de 2002.

Dolores Sánchez Rodríguez

Xefa da Dependencia Rexional de Inspección

ANEXO

Interesado: Urdomar, S.L.

NIF: B36619260.

Procedemento: baixa de oficio no censo de grandes empresas.

Órgano de tramitación: dependencia rexional de inspección (URGGE).

Lugar de comparecencia: AEAT Galicia URGGE, r/ Comadante Fontanes, 10-5º, 15003 A Coruña.