Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 12 de novembro de 2002 Páx. 15.894

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de concurso, por procedemento aberto, de contrato de subministración.

1. Entidade adxudicadora: Deputación Provincial de Lugo.

2. Obxecto do contrato: deseño, fabricación, subministración e instalación de tódolos elementos de mobiliario, cociña, enxoval, xogos e decoración necesarios para o completo equipamento da gardería infantil Campus Universitario de Lugo e o seu correcto funcionamento.

3. Orzamento (IVE incluído): 33.055,67 euros.

4. Prazo de entrega e instalación: 2 meses.

5. Garantía provisional: 2 por 100 do orzamento de licitación.

6. Información: Servicio de Plans e Contratación (Negociado de Plans Especiais) e no de Urbanismo e Obras.

7. Documentación que se debe presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares e técnicas.

8. Presentación de ofertas: quince (15) días naturais, desde o seguinte á publicación do presente extracto no Diario Oficial de Galicia.

9. Lugar de presentación: rexistro xeral da Deputación Provincial de Lugo.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

11. O texto íntegro do presente anuncio fugura publicado no BOP número 250, do 31 de outubro de 2002.

Lugo, 31 de outubro de 2002.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo